Sei sulla pagina 1di 48

Lingua 6 PRIMARIA

Caderno primeiro trimestre

141259 _ 0001-0048.indd 1 24/2/09 19:17:46


131168 Portadilla.indd 1 18/2/09 16:25:30
Índice

UNIDADE 1 páx. 4

Gramática: O grupo nominal


Ortografía: As maiúsculas
Vocabulario: A cociña. Palabras primitivas e derivadas
Escritura: Adaptamos textos ao destinatario
Lembro e repaso

UNIDADE 2 páx. 12

Gramática: Os demostrativos
Ortografía: Repaso da acentuación
Vocabulario: A alimentación. Os prefixos
Escritura: Describimos desde diferentes lugares
Lembro e repaso

UNIDADE 3 páx. 20

Gramática: Os posesivos
Ortografía: Acentuación de ditongos e hiatos
Vocabulario: Os sentidos. Os sufixos
Escritura: Redactamos un texto a partir de anotacións
Lembro e repaso

141259 _ 0001-0048.indd 2 24/2/09 19:17:47


UNIDADE 4 páx. 28

Gramática: Os numerais e os indefinidos


Ortografía: Acentuación diacrítica (I)
Vocabulario: O coidado dos rapaces. Palabras onomatopeicas
Escritura: Escribimos unha noticia
Lembro e repaso

UNIDADE 5 páx. 36

Gramática: O verbo (I)


Ortografía: Acentuación diacrítica (II)
Vocabulario: A saúde. Eufemismos e palabras tabú
Escritura: Cubrimos un impreso
Lembro e repaso

Páx. 44 Repaso trimestral

141259 _ 0001-0048.indd 3 24/2/09 19:17:48


1
O grupo nominal
O grupo nominal é un conxunto de palabras agrupadas arredor dun subs-
tantivo que funciona como núcleo. Ademais do núcleo, o grupo nominal
pode estar formado por palabras que funcionan como determinantes ou
como complementos.

1 Arrodea estas palabras seguindo a clave.

determinante substantivo complemento

o meu saia páxinas pequeno do libro curmán


nova as estes curtos pantalóns unha

◾ Forma catro grupos nominais diferentes combinando os determinantes, os substantivos


e os complementos anteriores.

• o meu curmán pequeno • estes pantalóns curtos

• as páxinas do libro • unha saia nova

2 Risca os determinantes e os complementos que non correspondan a cada substantivo e escribe


os grupos nominais resultantes.

o meu peludo as de praia

algúns riscados estes verdoso

as rebuldeiras un pechados

• o meu gato peludo • un paraugas verdoso

aquel marabillosa os modernos

a súa derruídos o meu antiga

esa derruído esta ben pintados

• aquel castelo derruído • esta bicicleta antiga

141259 _ 0001-0048.indd 4 24/2/09 19:17:48


3 Subliña os grupos nominais deste texto e arrodea os núcleos.

Un xigante en perigo
O elefante africano e o seu curmán asiático son os animais
terrestres máis grandes que hai actualmente. Poden chegar
a medir catro metros de altura e a pesar sete toneladas !
Os elefantes teñen unhas orellas moi anchas e unha
trompa moi flexible, que lles serve tanto para respirar coma
para absorber ou coller obxectos . A pel , áspera, grosa e moi
resistente, cóbrelles todo o corpo .
Outro trazo característico dos elefantes son os dous cairos
longuísimos que lles sobresaen da boca . Desgraciadamente,
moitos elefantes son cazados polos seus cairos , xa que son
de marfil , un material moi apreciado. A caza abusiva fixo
que os elefantes estean en perigo de extinción.

4 Anota catro grupos nominais con determinante, núcleo e complemento para describir cada animal.
Resposta modelo (R.M.).
• O animal máis veloz

• O guepardo africano

• Unhas orellas pequenas

• Un animal veloz

• Un animal moi lento

• O corpo flexible

• Unha cuncha fráxil

• A pel húmida

5 Completa cada oración cun grupo nominal que lle vaia ben e arrodea o núcleo.

• O meu mellor amigo celebra mañá o seu aniversario.

• Hoxe, para cear, faremos arroz caldoso con chícharos.

• Volvín perder as chaves da casa.

• Os meus tíos pasan o verán na aldea dos avós.

• Miña nai levou as fotos da viaxe.

• Estas rapazas son irmás xemelgas.

141259 _ 0001-0048.indd 5 24/2/09 19:17:51


As maiúsculas
Escríbese en maiúscula a inicial dunha palabra nos casos seguintes:
• Ao principio dun texto.
• Despois de signos que pechan oracións, como o punto (.), o signo de
interrogación (?) ou o signo de admiración (!).
• Nos nomes propios de persoas, animais, lugares, etc.
• Nos títulos de libros, películas, obras teatrais, cancións, etc.

1 Arrodea as maiúsculas que atopes neste texto.

O colexio!
Cando soou o espertador, Uxía non se podía mover. Que sono
tiña! E na cama estaba tan ben… Pero súa nai entrou dicindo:
–Veña, Uxía, érguete! El non sabes que día é? Hoxe comeza
o colexio!
Era verdade! Uxía ergueuse dun chimpo e foi correndo
vestirse e almorzar. Tiña moitas ganas de reencontrarse
cos amigos da clase: Martiño, Mariña, Helena, Xoel…
Ademais, non quería chegar tarde o primeiro día do curso!

◾ Localiza no texto e copia exemplos dos diferentes usos das maiúsculas.

• Inicio do texto ▶ Cando soou…

• Nomes propios ▶ Uxía, Martiño, Mariña, Helena, Xoel.

• Despois de punto ▶ …non se podía mover. Que sono tiña!

• Despois de interrogación ▶ …que día é? Hoxe comeza o colexio!

• Despois de exclamación ▶ …sono tiña! E na cama estaba tan ben…

• Despois de puntos suspensivos ▶ E na cama estaba tan ben… Pero súa nai entrou…

2 Escribe as letras que faltan en maiúscula ou minúscula, segundo corresponda.

• A miña a miga E ster é moi t ímida. D álle vergoña coñecer x ente.

• P ero que d is, M iguel? I so non pode ser! E stás s eguro do que dixeches?

• H oxe estrean no T eatro Grande a obra « U nha noite máxica». Q ueres i r?

• N o prato había p atacas, l eituga, un o vo fritido e c arne asada. Q ue bo!

141259 _ 0001-0048.indd 6 24/2/09 19:17:51


1
3 Imaxina que queres facerte socio da biblioteca municipal. Cubre o carné. Resposta libre (R.L.)

Carné de socio
Apelidos

Nome Idade

Enderezo

Poboación Teléfono

4 Inventa os nomes e adiviña de que conto tradicional fala cada un.

Lin un conto Regaláronme un conto Saquei da biblioteca


sobre unha rapaza, sobre unha rapaza que perde un conto sobre unha princesa
a súa avoa e un lobo. un zapato no baile. que se envelena cando morde
unha mazá.

• R.L. leu « Carapuchiña vermella ».

• A R.L. regaláronlle « A cinsenta ».

• R.L. sacou da biblioteca « Brancaneves e os sete ananiños ».

5 Copia o texto poñendo en maiúscula inicial as palabras que cumpra.

O soño de antía
antía está emocionada. hoxe presenta o seu primeiro libro «historias de onte e de hoxe», na libraría
papel e tinta. aínda non o pode crer! gústalle escribir contos desde que era pequena, e por fin
conseguiu o seu soño. agora todos saberán quen é antía castro e poderán ler os seus relatos.

O soño de Antía

Antía está emocionada. Hoxe presenta o seu primeiro libro, «Historias de onte e de hoxe», na

libraría Papel e Tinta. Aínda non o pode crer! Gústalle escribir contos desde que era pequena,

e por fin conseguiu o seu soño. Agora todos saberán quen é Antía Castro e poderán ler os seus

relatos.

141259 _ 0001-0048.indd 7 24/2/09 19:17:55


A cociña. Palabras primitivas e derivadas
1 Relaciona cada verbo coa súa definición.

fritir Cociñar un alimento na tixola en aceite fervendo.

Fritir lentamente en aceite ou manteiga


torrar
durante algún tempo.

Cociñar un alimento con calor sen metelo en auga


ferver
ou en aceite.

Poñer un alimento ao lume ata que queda queimado


asar
superficialmente.

refogar Cocer un alimento deixándoo en auga fervendo.

◾ Escribe unha oración con cada un dos verbos anteriores. R.L.

2 Consulta, se che cómpre, o dicionario e explica a diferenza en cada caso. R.M.

Coa culler collemos a comida do

prato. O cullerón é máis grande

e serve para coller a sopa da pota

e botala nos pratos. culler cullerón

No prato poñemos a comida de cada un.

A prata é máis grande e serve para

poñer a comida na mesa, e cada persoa

prato prata colle o que quere.

141259 _ 0001-0048.indd 8 24/2/09 19:17:58


1
3 Escribe palabras derivadas. Como se chama o aparello ou utensilio que usamos en cada caso?

• relar ▶ relador • fritir ▶ fritideira

• coar ▶ coador • escorrer ▶ escorredoiro

• torrar ▶ torrador • quentar ▶ quentador

4 Fíxate no elemento destacado e completa cada oración coa palabra primitiva ou derivada
que corresponda.

• Afonso, lémbrate de encher de azucre o azucreiro.

• Neste saleiro cabe moito sal.

• Miña nai sempre merca a carne nesta carnizaría.

• Os habitantes de Lugo son os lugueses/lucenses.

• O peixeiro vendeume hoxe un peixe boísimo.

5 Anota a palabra primitiva en cada caso.

sal
• salgado, salgar, salitre ▶
azucre
• azucrado, azucreiro, azucrar ▶
cociña
• cociñeiro, cociñar, cociñeira ▶
sabor
• saboroso, saborosamente, saborear ▶

6 Risca a palabra que non derive de cada palabra primitiva. Podes consultar o dicionario.

flor florista floreiro florete florecer

terra aterrar terrestre aterrorizar terrícola

sol solaina solitario insolación solario

◾ Escribe outra palabra derivada para cada grupo anterior. R.M.

floraría terremoto solar

141259 _ 0001-0048.indd 9 24/2/09 19:18:00


Adaptamos textos ao destinatario
1 Relaciona con números. Como saúda Paulo?

1 2 3

◾ Explica por que unhas veces Paulo emprega o tratamento familiar (de ti) e, outras, o de cortesía
(de vostede). R.M.
Paulo trata de ti as persoas que coñece e coas que ten confianza (os familiares e os amigos).

Trata de vostede as persoas maiores para demostrarlles respecto.

2 Paulo mira a tele con seu pai. Le o que di o presentador.


Os piñóns son moi nutritivos.
Non obstante, inxerir
moitos pode resultar indixesto.
Se non queren sufrir unha
indixestión, deben mastigalos
pouco a pouco.

◾ O pai explícalle a Paulo o que dixo o cociñeiro. Redacta o texto anterior empregando
o tratamento de ti e cambiando as palabras e expresións destacadas por estas.

teñen moito alimento • empacharte • pesado • comer • Pero

Dixo que os piñóns teñen moito alimento. Pero comer moitos pode resultar pesado.

Se non queres empacharte, debes mastigalos pouco a pouco.

10

141259 _ 0001-0048.indd 10 24/2/09 19:18:03


1

Lembro e repaso
1 Localiza os grupos nominais de cada oración e analízaos
coma no exemplo.

• A miña irmá pequena quere un gato negro.

det. det. núcleo complemento det. núcleo complemento

• Os tres irmáns teñen os cabelos castaños.

det. det. núcleo det. núcleo complemento

• Esta película estreouse a semana pasada.

det. núcleo det. núcleo complemento

• Unhas rapazas estranxeiras alugaron a casa da praia.

det. núcleo complemento det. núcleo complemento

2 Arrodea as palabras que teñen que levar maiúscula e copia as oracións corrixidas.

• vamos xoán! avíate, que chegamos tarde.

Vamos, Xoán! Avíate, que chegamos tarde.

• coñeces os meus fillos? este é xacobe e este, brais .

Coñeces os meus fillos? Este é Xacobe e este, Brais.

• cada vez que chove, henrique di que lle senta mal nos ósos.

Cada vez que chove, Henrique di que lle senta mal nos ósos.

• o tío xosé levounos ao cine a ver « perdidos no espazo».

O tío Xosé levounos ao cine a ver «Perdidos no espazo».

3 Escribe dúas palabras derivadas en cada caso.

toxo azucre
toxal , toxeira azucreiro , azucrado

froita carne
froiteiro , froitaría carniceiro , carnizaría

caixa papel
caixeiro , caixón papelaría , papeleira

11

141259 _ 0001-0048.indd 11 24/2/09 19:18:04


2
Os demostrativos
Os demostrativos son as palabras que sinalan seres ou obxectos indicando
a distancia que hai entre estes e a persoa que fala.
Os demostrativos clasifícanse en tres grupos, segundo expresen proxi-
midade, distancia media ou afastamento.

1 Arrodea os demostrativos que atopes neste texto.

Unhas boas indicacións


–Sabela, lembra que temos que levar esta solicitude ao concello.
Ti sabes onde está?
–Non, pero espera, preguntarémosllelo a estes señores. Oian,
por favor, poderían dicirnos onde está o concello?
–Si, claro… É aquel edificio do outro lado da praza, pero agora
Oficina
non se pode cruzar por aquí porque están en obras. Sigan por Turismo

este atallo e, cando cheguen a esas esculturas que se ven,


collan a avenida da esquerda, e cando poidan xiren outra vez
á esquerda. Deseguida verán o concello ao final da rúa.
–Graciñas!
–De nada.

◾ Copia os demostrativos que subliñaches e analízaos coma no modelo.

• esta ▶ demostrativo de proximidade, feminino, singular

• estes ▶ demostrativo de proximidade, masculino, plural

• aquel ▶ demostrativo de afastamento, masculino, singular

• este ▶ demostrativo de proximidade, masculino, singular

• esas ▶ demostrativo de distancia media, feminino, plural

2 Completa o cadro cos demostrativos do texto anterior e os que falten.

SINGULAR PLURAL

Masculino Feminino Neutro Masculino Feminino

Proximidade este esta isto estes estas


Distancia media ese esa iso eses esas
Afastamento aquel aquela aquilo aqueles aquelas

12

141259 _ 0001-0048.indd 12 24/2/09 19:18:04


3 Copia estas oracións realizando os cambios que se indican en cada caso.

• Aquel home do sombreiro vive no mesmo edificio ca min. ▸ FEMININO

Aquela muller do sombreiro vive no mesmo edificio ca min.


▸ MASCULINO
• Estas lobas chegaron hoxe mesmo ao zoolóxico.

Estes lobos chegaron hoxe mesmo ao zoolóxico.


▸ PLURAL
• Por favor, pásame ese libro que tes ao lado.

Por favor, pásame eses libros que tes ao lado.

• Este velliño sempre lles relata contos aos rapaces. ▸ FEMININO

Esta velliña sempre lles relata contos aos rapaces.


▸ SINGULAR
• Sempre fago os deberes con estas compañeiras.

Sempre fago os deberes con esta compañeira.


▸ PLURAL
• Meu irmán é amigo daquela moza.

Meu irmán é amigo daquelas mozas.

4 Cubre os ocos deste texto cos demostrativos axeitados.

A excursión á montaña
Desde este cume onde nos atopamos pódese
ver toda a comarca. Esta aldea de aquí adiante
é Golmar, e esa pequena que hai en segundo
termo é Eirixe. Se te fixas, á beira daquela serra
nevada de alá lonxe, podes ver a aldea da Barcia,
e aqueloutra aldea que ten á dereita é O Castro.
Verdade que é unha paisaxe preciosa?

5 Escribe catro oracións que conteñan demostrativos. R.L.

13

141259 _ 0001-0048.indd 13 24/2/09 19:18:04


Repaso da acentuación
As palabras acentúanse graficamente atendendo aos criterios seguintes.

Sílaba tónica Regra


Levan acento gráfico cando rematan
en vogal, en vogal + n, en vogal + s
ou en vogal + ns. Non levan acento
Agudas Última gráfico as agudas rematadas
en ditongo decrecente (ei, oi, au…)
seguido ou non de n ou s, nin
as monosílabas.
Levan acento gráfico cando rematan
nunha consoante distinta de -n ou -s,
Graves Penúltima
nun grupo consonántico distinto
de ns ou nun ditongo decrecente.

Esdrúxulas Antepenúltima Levan acento gráfico sempre.

1 Resolve o encrucillado coas palabras agudas. Ponlles acento gráfico ás que o precisen.
6
4 3
1 S O F Á

2 P A R A S O L

3 L E Ó N S
2
5
N 6
4 C A M I Ó N

5 C O M P Á S
1
R

2 Ponlles acento gráfico ás seguintes palabras esdrúxulas e despois escríbeas en singular.

´
• tuneles ▶ túnel ´
• habiles ▶ hábil

´
• debiles ▶ débil ´
• calices ▶ cáliz

14

141259 _ 0001-0048.indd 14 24/2/09 19:18:09


2
3 Escribe o lugar de onde son estas persoas. Fíxate en se levan ou non acento gráfico.

• os parisienses ▶ París • os coruñeses ▶ A Coruña

• os ferroláns ▶ Ferrol • os africanos ▶ África

• os gaditanos ▶ Cádiz • os americanos ▶ América

• os lugueses ▶ Lugo • os lancaraos ▶ Láncara

• os belgas ▶ Bélxica • os lalinenses ▶ Lalín

• os alemáns ▶ Alemaña • os canadenses ▶ Canadá

◾ Clasifica os nomes dos lugares anteriores segundo sexan palabras agudas, graves ou esdrúxulas.

AGUDAS ▶ París Ferrol

Lalín Canadá

GRAVES ▶ Cádiz Lugo


PARÍS
Alemaña A Coruña

ESDRÚXULAS ▶ Bélxica África

Láncara América

4 Ponlles acento gráfico ás palabras que deban levalo.

Unha festa típica


´ musica,
Hai unha festa na parte vella da cidade. Habera ´ ´
desfile de mascaras
´
e postos con doces tipicos da bisbarra. As autoridades recomendan non acudir
´
co automobil: ´ sera´ empregar o transporte publico.
o máis facil ´

5 Acentúa as palabras que cumpra nestas oracións.


´
• Cando rebentou o pneumatico, ´ puxose
o condutor do camion ´ nervioso.

´ das piramides
• A construcion ´ ´
de Exipto pareceme ´
labor moi dificil.

´ do ano pasado visitaramos o crater


• Na excursion ´ dun volcan
´ inactivo.

´
• O meu amigo Nestor ´
traballa na nova fabrica ´
de pantalons.

´
• Mariña, sabes o numero ´
de telefono ´ Cesar?
do teu curman ´

15

141259 _ 0001-0048.indd 15 24/2/09 19:18:11


A alimentación. Os prefixos
1 Enche cada oco do texto coa palabra axeitada.

vitaminas • precociñados • proteínas • saudable • dieta

Unha clase diferente


Hoxe viñeron uns dietistas ao colexio a explicarnos como debe ser unha
dieta sa. Recomendáronnos que comamos moita froita
e verdura para obter vitaminas e minerais. Tamén nos dixeron
que hai que comer peixe e carne porque teñen proteínas .
Ademais, aconselláronnos que non abusemos dos alimentos
precociñados . Tamén aprendemos que non é saudable comer
a miúdo hamburguesas e pasteis, porque poden provocar colesterol
e sobrepeso. En definitiva, foi unha charla moi interesante, e ao final
convidáronnos a uns zumes de laranxa boísimos!

2 Escribe un texto en que expliques o que comes nas cinco comidas do día. R.L.

Cara ás oito, para almorzar, tomo

Ás once, para no patio do colexio

3 Consulta o dicionario se che cómpre e explica cal é o significado das palabras ou expresións en negra.

• Explícalle ben como ten que facer o traballo. Dállo ben mastigado ou non saberá facelo.

Facilítalle o traballo, déixallo moi claro, explícallo con moita sinxeleza.

• O seu equipo perdeu e está de mal humor. Non pode dixerir as derrotas!

No pode soportar as derrotas, non sabe perder, non o acepta.

• Xulio di que ten un oso no xardín da súa casa, pero eu non trago nada do que di.

Non o creo, non me fío do que di.

16

141259 _ 0001-0048.indd 16 24/2/09 19:18:12


2
4 Subliña as palabras que conteñan o prefixo re-, que significa ‘volver a’.

receita requentar rebotar recoñecer regular


reencontrar recipiente refacer resto reimprimir
repintar retocar remarcar rectángulo repasar

◾ Escolle tres das palabras que subliñaches e escribe oracións. R.L.

5 Enche os ocos destas palabras cos prefixos sub-, super- ou pre-, segundo corresponda.

• super mercado • sub solo • super visión • pre fabricado

• sub terráneo • super heroe • super sónico • pre xuízo

• pre dición • super poder • sub campión • sub delegado

• sub marino • super dotado • pre cociñado • sub director

◾ Escribe oracións con palabras anteriores que conteñan o prefixo indicado. R.L.

sub-

super-

pre-

6 Explica o significado de cada palabra e arrodea o prefixo que contén.

• contraindicado ▶ Que non está indicado, que resulta prexudicial, sobre todo nunha enfermidade.

• antinéboa ▶ Luz do coche que se utiliza cando hai néboa.

• insoportable ▶ Que non se pode soportar.

• sobrepeso ▶ Peso excesivo para a estatura dunha persoa.

• desordenado ▶ Que non ten orde.

• extraterrestre ▶ De fóra da Terra e a súa atmosfera; ser que habita noutros mundos.

• vicepresidente ▶ Persoa que axuda ao presidente e, cando cómpre, substitúeo.

17

141259 _ 0001-0048.indd 17 24/2/09 19:18:12


Describimos desde diferentes lugares
1 Le esta descrición.

Ribeira desde a montaña


Eu vivo na parte vella de Ribeira, preto da serra.
Pola mañá, encántame abrir a ventá e oír como cantan
os paxaros. Tamén me gusta percibir o aroma de romeu
e lavanda, e mirar cara abaixo.
Desde aquí vexo, en primeiro termo, o barrio antigo
e a igrexa. Un pouco máis abaixo, en segundo termo, está
a parte nova da vila, que chega deica a praia. Alí hai
edificios altos e un paseo marítimo moi bonito.
Ao fondo vexo o mar coas barcas dos mariñeiros e algúns
barcos grandes e tamén o outeiro da ermida, á esquerda.
É unha paisaxe preciosa!

2 Agora imaxina que estás na ermida de Ribeira. Redacta a descrición da paisaxe que ves. R.M.

Ten en conta estes detalles:


• En primeiro termo ves a praia e o paseo marítimo. Como é? Que olores percibes?
Que ruídos oes?
• Que ves en segundo termo? E ao fondo?
• Que impresión xeral che produce a paisaxe?

Ribeira desde a ermida

Hoxe viñemos merendar á ermida de Ribeira. Está nun outeiro, ao lado do mar. Desde aquí

vese, en primeiro termo, a praia da vila e o paseo marítimo. Cheira a sal e oímos os cantos

das gaivotas, e tamén os ruídos dos coches que van

polo paseo. Un pouco máis atrás, en segundo termo, vense

os edificios altos da parte nova de Ribeira, preto do paseo.

E detrás de todo, subindo cara arriba pola serra, está a parte

vella da vila, coas casas brancas de tellados vermellos

e a igrexa. O conxunto resulta moi bonito. Podería pasar

horas mirándoo!

18

141259 _ 0001-0048.indd 18 24/2/09 19:18:13


2
1

Lembro e repaso
1 Escribe o demostrativo que lle corresponde a cada descrición.

• Demostrativo de proximidade, feminino, singular ▶ esta

• Demostrativo de afastamento, feminino, plural ▶ aquelas

• Demostrativo de distancia media, feminino, singular ▶ esa

• Demostrativo de proximidade, masculino, plural ▶ estes

◾ Escribe unha oración con dous dos demostrativos anteriores. R.L.

2 Ponlles acento gráfico ás palabras que deban levalo e clasifícaas.

exame ´
reves ´
numero hotel ´
timida ´
matematico
´
fraxil ´
curmans ciencia ´
dificil ´
biceps ´
musica
sofa´ ´
circulo ´
microfono tractor lapis ´
iman

AGUDAS • sofá • curmáns • tractor

• revés • hotel • imán

GRAVES • exame • ciencia • bíceps

• fráxil • difícil • lapis

ESDRÚXULAS • círculo • micrófono • tímida

• número • matemático • música

3 Escribe tres oracións que leven cada unha polo menos unha palabra aguda, grave e esdrúxula. R.L.

19

141259 _ 0001-0048.indd 19 4/3/09 10:10:12


3
Os posesivos
Os posesivos son as palabras que acompañan o substantivo e expresan
a quen pertence o ser ou o obxecto que este substantivo designa.
Os posesivos indican a persoa gramatical e se o posuidor é un ou máis dun.
Os posesivos poden funcionar como determinantes, como complementos
ou como núcleos do grupo nominal.

1 Subliña todos os posesivos que atopes neste texto.

O agasallo de Sélima
Este verán, a miña amiga Sélima pasou as vacacións
en Marrocos, onde vive a súa familia. E en setembro,
o primeiro día de colexio, levou á nosa clase unha morea
de pasteliños de mel e sementes, e explicounos:
–Meu avó fixo estes doces e díxome que podía collelos
e darllos a quen eu quixese. Como vós sodes os meus
amigos, tráiovolos para que os probedes e, se vos gustan,
os levedes tamén ás vosas casas.
Que idea máis boa a de Sélima! E que pasteliños
máis saborosos os de seu avó!

2 Observa o exemplo e analiza os posesivos que subliñaches no texto anterior.

• miña ▶ 1.ª persoa, feminino, singular, un posuidor

• súa ▶ 3.ª persoa, feminino, singular, un posuidor

• nosa ▶ 1.ª persoa, feminino, singular, varios posuidores

• meu ▶ 1.ª persoa, masculino, singular, un posuidor

• meus ▶ 1.ª persoa, masculino, plural, un posuidor

• vosas ▶ 2.ª persoa, feminino, plural, varios posuidores

• seu ▶ 3.ª persoa, masculino, singular, un posuidor

◾ Escolle un dos posesivos anteriores en singular e outro en plural e escribe oracións. R.L.

20

141259 _ 0001-0048.indd 20 24/2/09 19:18:14


3 Completa estas oracións cos posesivos axeitados.

• Teño tres irmáns: Pedro, Henrique e Clara; son meus irmáns e miña irmá.

• A Alberte regaláronlle unha buxaina e un balón; son a súa buxaina


eo seu balón.

• Sabela, tes un hámster e dúas tartarugas; son o teu hámster


e as túas tartarugas.

• Ana e mais eu inventamos un chiste e unhas adiviñas; son o noso chiste


e as nosas adiviñas.

• Vós trouxestes un parchís e unhas bólas; son o voso parchís e as vosas bólas.

4 Subliña os posesivos que atopes e indica a función: determinante, complemento


ou núcleo do sintagma nominal.

• A súa casa é máis grande ca a miña.

determinante núcleo

• Súa nai e a miña son amigas desde que eran pequenas.

determinante núcleo

• Estas rapazas son curmás túas? Eu pensaba que eran as túas amigas.

complemento determinante

5 Escribe oracións empregando posesivos que cumpran as condicións indicadas.

1.ª persoa, un posuidor, masculino, singular, núcleo do sintagma nominal

Equivoqueime; o abrigo que collín non é o meu.

3.ª persoa, varios posuidores, feminino, plural, determinante

Sabela e Uxía enfadáronse coas súas amigas.

2.ª persoa, un posuidor, masculino, plural, complemento

Viñeron buscarte uns amigos teus.

21

141259 _ 0001-0048.indd 21 24/2/09 19:18:15


Acentuación de ditongos e hiatos
• Un ditongo é a unión dunha vogal aberta (a, e, o) máis unha vogal
pechada (i, u) que se pronuncian nunha mesma sílaba. Os ditongos
seguen as regras xerais de acentuación e o acento gráfico ponse so-
bre a vogal pechada (náufrago).
• Os hiatos están formados por dúas vogais que están xuntas, pero que
se pronuncian en dúas sílabas distintas. Se son dúas vogais abertas,
seguen as regras xerais (deán). Se a vogal pechada é tónica e a vogal
aberta é átona, levará sempre acento gráfico na vogal pechada (fío,
rúa).
• Cando aparecen xuntas as dúas vogais pechadas (i, u), se a tónica é
a segunda vogal, forman un hiato e acentúanse (ruído). Se a tónica é
a primeira vogal, forman un ditongo e non se acentúa (viviu).

1 As seguintes palabras teñen hiato ou ditongo e seguen as regras xerais de acentuación.


Ponlles acento gráfico ás que o precisen e despois cópiaas onde lles corresponda.

coartada ´
aereo ´
Xoan ademais ´
beisbol ´
farmaceutico
´
gardians pasteis solteiro ´
aureo ´
caotico bocois
´
nautico maceira ´
axouxere moeda Noa ´
noies

AGUDAS • gardiáns • Xoán • bocois

• pasteis • ademais • noiés

GRAVES • coartada • solteiro • béisbol

• maceira • moeda • Noa

ESDRÚXULAS • náutico • axóuxere • caótico

• aéreo • áureo • farmacéutico

2 Arrodea as palabras do exercicio anterior segundo a clave.

Teñen ditongo Teñen hiato

22

141259 _ 0001-0048.indd 22 24/2/09 19:18:15


3
3 Ponlles acento gráfico ás palabras que cumpra e clasifícaas.

´
raiña ´
circuito triunfo ´
oido

animais tesouro madeira ´


cafeina

´
beirarrua partiu despois ´
diurno

TEÑEN HIATO • raíña • circuíto • oído

• cafeína • beirarrúa • diúrno

TEÑEN DITONGO • triunfo • animais • tesouro

• madeira • partiu • despois

4 Escribe os seus nomes. Fíxate en se levan ou non acento gráfico.

baúl sandía cafeteira saia

5 Escribe unha palabra que conteña cada hiato. Despois escribe unha oración con cada palabra.
Podes usar o dicionario se che cómpre. R.M.

í-a ▶ día. O vinte e catro de abril é o día do meu aniversario.

ú-a ▶ rúa. Xoán vive na Rúa do Vilar, en Santiago de Compostela.

u-í ▶ remuíño. Nesas calellas da zona vella o aire fai remuíños e rompe os paraugas.

o-í ▶ oído. A pesar da súa avanzada idade, aínda conserva un oído excelente.

a-ú ▶ saúde. Éche ben certo que o importante é ter saúde.

23

141259 _ 0001-0048.indd 23 4/3/09 10:10:17


Os sentidos. Os sufixos
1 Ponlle nome a cada personaxe e explica o que fai empregando estes verbos. R.M.

ulir tocar probar escoitar mirar

1
5
3

2 4

1 Alberte e Martiño miran os monicreques.

2 Rosa escoita o que lle di a súa neta.

3 Carme ole o perfume dunha botelliña.

4 Mariña toca a cabeza do burro.

5 Francisco proba os churros que mercou o seu fillo.

2 Copia xuntas as palabras que se refiren ao mesmo sentido.

oír • observar • sabor • caricia • mirada • perfume • palpar • aloumiñar


escoitar • ulir • ver • degustar • cheirar • lamber • ruído

vista • observar • mirada • ver

oído • oír • escoitar • ruído

olfacto • perfume • ulir • cheirar

gusto • sabor • degustar • lamber

tacto • caricia • palpar • aloumiñar

24

141259 _ 0001-0048.indd 24 24/2/09 19:18:19


3
3 Utiliza o sufixo -ez ou -eza para formar derivados destas palabras. Utiliza o dicionario.

• destro ▶ destreza • rico ▶ riqueza

• escaso ▶ escaseza • estúpido ▶ estupidez

• pobre ▶ pobreza • tímido ▶ timidez

• honrado ▶ honradez • maduro ▶ madurez/madureza

◾ Observa as palabras anteriores e marca a opción correcta en cada caso.

• As palabras primitivas son verbos adxectivos substantivos

• As palabras co sufixo -ez/-eza son verbos adxectivos substantivos

4 Escribe o verbo que responde a cada definición, a partir da palabra destacada.

• Deixar limpo ▶ limpar • Facer un cálculo ▶ calcular

• Dar un golpe ▶ golpear • Facer o camiño ▶ camiñar

• Botar semente ▶ sementar • Poñer un rótulo ▶ rotular

• Dar alimento ▶ alimentar • Seguir un rastro ▶ rastrear

◾ Responde. Que terminacións utilizaches para formar os verbos anteriores? -ar e -ear.

5 Escribe nomes de profesións que conteñan os sufixos propostos.

-ista -eiro/-eira -ólogo/-óloga -dor/-dora

xornalista zapateiro biólogo maquilladora

equilibrista enfermeira psicóloga mariscadora

electricista panadeira odontólogo mergullador

◾ Escribe unha oración cun nome de cada grupo. R.L.

25

141259 _ 0001-0048.indd 25 24/2/09 19:18:19


Redactamos un texto a partir de anotacións
1 Con motivo da Semana Cultural, todos os alumnos do centro participaron nunha festa de disfraces.
Le as notas que colleu Mariña.

• Lugar e data: patio do colexio, venres


pola tarde.
• Había chocolate e bombóns e refrescos.
• Disfraces: pallasos (moi simpáticos),
astronautas (non me gustan nada), leóns,
piratas, romanos, flores...
Os mestres van de fantasmas, con sabas
e cadeas. Fan moito ruído.
• O mellor: o disfrace de Carlos, de robo
t,
con caixas de cartón e tapóns de botella
de plástico.
• O peor: choquei cun alumno de 4.º e hou
ben
caer dentro da pota de chocolate.

2 Mariña quérelle explicar como foi a festa a Martiño, que non foi porque estaba enfermo.
Redacta un texto narrativo a partir das súas notas. R.M.

A festa de disfraces foi o venres pola tarde, no patio

do colexio. Había chocolate, bombóns e refrescos para

merendar e todos ían disfrazados: había uns de pallaso que

eran moi simpáticos, e tamén había flores, leóns, piratas,

romanos… Os mestres vestíronse de fantasma e facían moito

ruído coas cadeas. Ademais, había astronautas, pero non

me gustaron nada. En cambio, o disfrace de robot de Carlos,

feito con caixas de cartón e tapóns de plástico, encantoume.

Distraínme tanto mirando para el que choquei cun alumno

de 4.º e houben de caer dentro da pota de chocolate!

26

141259 _ 0001-0048.indd 26 24/2/09 19:18:20


3

Lembro e repaso
1 Completa estas oracións cos posesivos axeitados.

• Eu teño un irmán; é meu irmán.

• Ela vive nunha casa; é a súa casa.

• Ti tes dúas curmás: son as túas curmás.

• Ela ten tres sobriños; son os seus sobriños.

• Eu teño dúas fillas; son as miñas fillas.

• Ti tes un tío; é o teu tío.

2 Copia as oracións poñendo os acentos gráficos que cumpra.

• Oin que maña o avo ia ao muiño despois de comer.

Oín que mañá o avó ía ao muíño despois de comer.

• O piloto sufriu moito, pero conseguiu o triunfo nese circuito.

O piloto sufriu moito, pero conseguiu o triunfo nese circuíto.

• Candido e Uxia sairon hai media hora á rua.

Cándido e Uxía saíron hai media hora á rúa.

• Xoan non toma cafe porque lle fai mal a cafeina.

Xoán non toma café porque lle fai mal a cafeína.

• As duas curmas estudan para seren farmaceuticas.

As dúas curmás estudan para seren farmacéuticas.

3 Arrodea os sufixos que atopes nestas palabras. Se algunha palabra non ten sufixo, ríscaa.

escultor escaseza bóla lado

beleza desfacer panadeiro pintora

vista bromear dentista bar

27

141259 _ 0001-0048.indd 27 24/2/09 19:18:20


4
Os numerais e os indefinidos
Os numerais son palabras que expresan cantidade ou orde de forma
precisa. Poden ser cardinais ou ordinais.
Os indefinidos son palabras que expresan cantidade ou existencia de
xeito impreciso.

1 Enche os ocos destas oracións con numerais.

• Cada día ten vinte e catro horas.

• Agora mesmo, ti tes once/doce anos.

• Novembro é o undécimo mes do ano.

• As persoas teñen cinco dedos en cada man.

• O xoves é o cuarto día da semana.

• Nos xogos olímpicos, a medalla de bronce é para o terceiro


clasificado.

◾ Clasifica os numerais que empregaches nas oracións anteriores.

ORDINAIS undécimo cuarto terceiro

CARDINAIS vinte e catro once/doce cinco

2 Completa a táboa cos numerais cardinais e ordinais que che pedimos.

CARDINAL ORDINAL CARDINAL ORDINAL

1 un primeiro 8 oito oitavo

2 dous segundo 9 nove noveno

3 tres terceiro 10 dez décimo

4 catro cuarto 20 vinte vixésimo

5 cinco quinto 50 cincuenta quincuaxésimo

6 seis sexto 70 setenta septuaxésimo

7 sete sétimo 90 noventa nonaxésimo

28

141259 _ 0001-0048.indd 28 24/2/09 19:18:21


3 Arrodea as palabras que sexan indefinidos.

• escala • tanta • cinco • ningún

• moitas • verde • corría • abondos

• persiana • algunha • calquera • sétimo

◾ Enche os ocos cos indefinidos que arrodeaches.

• Quería comer un bombón da caixa, pero non quedaba ningún.

• Fun ao circo algunha vez, pero meu irmán non foi nunca.

• Hoxe en día, calquera rapaz sabe manexar o ordenador.

• O que máis me gusta do parque é que hai moitas


árbores.

• Creo que non hai abondos bocadillos para todos os rapaces.

• Vai tanta calor que non se pode camiñar pola rúa.

4 Subliña os indefinidos que estean mal e copia as oracións corrixidas.

• Calquer día collo o autobús e doulle unha sorpresa aos avós.

Calquera día collo o autobús e doulle unha sorpresa aos avós.

• Esta noite virán cear algún dos amigos de meus pais.

Esta noite virán cear algúns dos amigos de meus pais.

• Ningún aula pode quedar sen os adornos de Nadal.

Ningunha aula pode quedar sen os adornos de Nadal.

• Fixo os deberes sen axuda algunha.

Fixo os deberes sen axuda ningunha.

5 Responde empregando indefinidos. Mira de non repetir ningún. R.L.

• Cantos libros liches?

• Cantos xogos coñeces?

• Canto diñeiro che queda?

• Cantos amigos tes?

29

141259 _ 0001-0048.indd 29 24/2/09 19:18:22


Acentuación diacrítica (I)
O acento diacrítico úsase para diferenciar unha palabra doutra que ten a
mesma forma pero distinto significado. Moitas veces, as palabras con acen-
to diacrítico tamén teñen pronuncia diferente. Por exemplo, as palabras oso
e óso diferéncianse na escrita só polo acento gráfico, pero teñen significados
e pronuncias diferentes: oso é un animal, e óso é unha peza do esqueleto. O
acento diacrítico lévao a palabra que se pronuncia con vogal aberta.
As formas verbais con acento diacrítico consérvano cando van seguidas
dun pronome persoal: Dáme pena que te vaias.

1 Completa o cadro coas palabra do recadro.

póla • fora • vés • te • bésta • oso • cómpre • bola • té • ven • pé • besta • présa
fóra • cómpren • ves • bóla • compre • óso • pe • vén • compren • pola • presa

Levan acento diacrítico Non levan acento diacrítico


bésta ▶ ‘arma’ besta ▶ ‘animal’
bóla ▶ ‘esfera’; ‘pelota’ bola ▶ peza de pan
cómpre ▶ ‘é necesario’ compre ▶ ‘merque’
cómpren ▶ ‘son necesarios’ compren ▶ ‘merquen’
fóra ▶ adverbio de lugar fora ▶ verbo ser ou ir
óso ▶ ‘parte do esqueleto’ oso ▶ ‘animal’
pé ▶ ‘parte do corpo’ pe ▶ nome de letra
póla ▶ ‘rama’ pola ▶ ‘galiña’; contracción por + a
présa ▶ ‘apuro’ presa ▶ ‘encoro’; ‘prendida’; ‘presada’
té ▶ ‘infusión’ te ▶ nome de letra
vén ▶ 3.ª pers. sing. pres. de vir ven ▶ 3.ª pers. plural pres. de ver; imperativo de vir
vés ▶ 2.ª pers. sing. pres. de vir ves ▶ 2.ª pers. sing. pres. de ver

2 Pronuncia as parellas de palabras do cadro e contesta.

• Soan igual as vogais tónicas en cada unha das parellas? Non.

• Como é a pronuncia da vogal tónica nas palabras que levan acento gráfico? Aberta.

• Como é a pronuncia da vogal tónica nas palabras que non levan acento gráfico? Pechada.

• Cal é a palabra que leva o acento gráfico en cada parella? A que se pronuncia aberta.

30

141259 _ 0001-0048.indd 30 24/2/09 19:18:22


4
3 Marca a palabra axeitada en cada caso.

Arma antiga. Galiña.

bésta besta póla pola

Pan. Animal salvaxe.

bóla bola óso oso

◾ Escribe unha oración con cada unha das palabras que non marcaches. R.M.

• A femia do cabalo é a besta ou egua.

• Gústame moito xogar ás bólas no recreo.

• A pega fixo o niño na póla do carballo.

• Con esta néboa o avó quéixase dos ósos.

4 Acentúa as palabras destacadas que o precisen.

´ ao teatro ou ves o documental na casa.


• Ves
´ dun carballo.
• Vin unha pola pola pola FOTO PELÍCULA

´
• Non te lembraches de botarlle azucre ao te.
´ por chegaren
• Os excursionistas teñen presa
á presa a bañarse.
´
• Compre ´ fortes e sans.
que tomemos moito calcio para termos uns osos

5 Completa cada oración coa palabra axeitada.

vén ven • Elas ven desde a bancada que Antón vén coxeando ata a meta.

fóra fora • Roi dixo que fora ao cine, pero logo soubemos que quedara fóra .

té te • Se non che gusta o té , non te preocupes, que preparo café.

cómpre compre • Cómpre que a xente compre moito para estimular a economía.

31

141259 _ 0001-0048.indd 31 4/3/09 10:10:26


O coidado dos nenos. Palabras onomatopeicas
1 Indica a que meniño da gardaría corresponde cada adxectivo.

5
2 aburrido

4 entretida
1
3 adormecido 3

1 famenta

6 celosa 6
2
4
5 contento

2 Ordena as letras e obterás os nomes destes obxectos.

T O A N R R B E C E APAP

TRONA BERCE PAPA

A X R E X Ó E U R E I B O B A B R Ó E I B N

AXÓUXERE BABEIRO BIBERÓN

◾ Describe o que pasa na imaxe empregando as palabras anteriores. R.M.

O bebé do berce toma o biberón. Mentres tanto,


Ueeeee!
o pai intenta darlle a papa a outro bebé que leva

babeiro e está sentado na trona. O pai quere

distraelo movendo o axóuxere, pero o bebé chora

porque non quere comer.

32

141259 _ 0001-0048.indd 32 24/2/09 19:18:33


4
3 Relaciona cada son co substantivo e co verbo correspondente.

Zzzzuu! tintín zoar

chop-chop chapuzadura bisbar

tin-tin zunido chapuzar

bis-bis bisbeo tintinar

◾ Consulta, se che cómpre, o dicionario e completa estas oracións coa forma


axeitada dos verbos anteriores.

• Cando bañamos o irmanciño, acabo mollada porque lle gusta


moito chapuzar na bañeira.

• Oístes como zoaba o vento esta noite?

• Meus pais bisbaban para non espertar o meniño.

• Co tremor de terra non falaba ninguén; só se oía


como tintinaban os pratos e os vasos.

4 Escribe unha oración co verbo que corresponde ao berro de cada animal. R.M.

Beee!
• Oíches como bean as ovellas?

Pío, pío!
• Esta mañá espertei porque os paxaros piaban moi forte.

Croá, croá!
• As ras croan na pucharca da Regueira.

Cacaracá!
• As galiñas cacarexan cando se achega alguén coa comida.

5 Explica cando utilizas estas onomatopeas. R.M.

Ai! Cando caio e me manco.

Achís! Cando espirro.

Xiiii! Cando pido silencio.

33

141259 _ 0001-0048.indd 33 24/2/09 19:18:34


Escribimos unha noticia
1 Le este diálogo e subliña segundo o código.

–Ola, Cibrán! Onde vas con tanta présa?


–Ola, Ana! Teño que escribir unha noticia para o xornal do colexio.
–Unha noticia? Que pasou?
verde–A nai de Roi Ferreiro, o de 6.º B, tivo trixemelgos.
–Trixemelgos? E iso que é?
–Son tres bebés. Naceron antonte no Hospital Comarcal.
–Miña nai! amarelo azul
–Alucinante, non si? Tres meniños! Imaxina se se botan a chorar
os tres á vez…
–E que cantidade de cueiros necesitarán!
–Pois mira, Roi contoume que o alcalde dixo que non se preocupen
por iso. O concello daralle todos os cueiros que cumpra. E agora
voume redactar a noticia, que o xornal sae esta tarde. morado
Deica logo!
–Aburiño, Cibrán!

2 Redacta a noticia para o xornal coma se foses Cibrán. Non esquezas incluír un bo titular
e todos os datos anteriores. R.L.

XORNAL DO COLEXIO 23 de novembro de 2010

Os pais de Roi e os trixemelgos

34

141259 _ 0001-0048.indd 34 24/2/09 19:18:37


4

Lembro e repaso
1 Le este texto e clasifica as palabras destacadas.

Un xantar familiar
A miña familia sempre xanta na casa da avoa o terceiro
domingo de cada mes. Somos bastante xente: entre tíos, tías,
sobriños e irmáns somos vinte convidados! Sorte que a avoa
fai sempre dúas paellas de arroz ben grandes para que ninguén
quede con fame, e hai tres ou catro lambóns que repiten de todo.
Con tanta xente, o xantar resulta divertidísimo, pero hai moito
que fregar. Agora ben, tamén o temos solucionado e, como hai
moitos voluntarios, acabamos deseguida. Hai bastantes mans
para enxaboar, limpar e enxaugar a louza e deixar a cociña
moi limpa: exactamente corenta e dúas mans!

NUMERAIS INDEFINIDOS

terceiro vinte cada bastante

dúas tres ninguén tanta

catro corenta e dúas moitos bastantes

2 Localiza no texto oito palabras que teñen que levar acento diacrítico, pónllelo e cópiaas abaixo.

Unha clase ao aire libre


A semana que ven ´ imos dar a clase de Coñecemento
´ da aula, sempre e cando cumpramos dúas condicións:
fora
que nos portemos ben e, ademais, que saibamos todos
´
os nomes dos osos que forman o esqueleto humano.
´
Compre que me refuxie toda a fin de semana na cabana
´ da árbore e non saír ata saber ben
que teño na pola
´ se non, non vou dar pe´
a lección. Teño que darme presa,
´
con bola!

• vén • ósos • póla • pé

• fóra • cómpre • présa • bóla

◾ Escolle dúas das palabras que copiaches e escribe oracións. R.L.

35

141259 _ 0001-0048.indd 35 24/2/09 19:18:38


5
O verbo (I)
Os verbos son as palabras que expresan accións ou estados e os sitúan
no tempo.
Cada verbo ten moitas formas verbais. O conxunto de todas as formas
dun verbo é a súa conxugación.
Todas as formas verbais constan de raíz e desinencia.

1 Le este texto fixándote nas palabras destacadas.


O labor do tío
O tío de Brais, que é médico, traballa para unha ONG. Onte
recibimos unha carta súa que viña, nin máis nin menos,
ca do Sudán, en África! O tío explicábanos que, despois
de pasar por moitas guerras, neste país hai moita xente
sen comida, nin auga, nin casa. Os membros da organización
do tío vacinan os rapaces contra moitas enfermidades e tamén
lles proporcionan os alimentos necesarios.
Eu estou orgulloso do traballo que fai o tío. Creo que, con máis
persoas coma el, o mundo resultaría un lugar mellor.

◾ Marca. Que son as palabras destacadas?

• infinitivos • formas verbais • conxugacións

◾ Escribe o infinitivo que lle corresponde a cada forma verbal destacada.

• ser • explicar • estar

• traballar • haber • facer

• recibir • vacinar • crer

• vir • proporcionar • resultar

2 Anota tres formas verbais diferentes para cada infinitivo. R.M.

correr ▸ corrías correremos corrésedes

curar ▸ curaba curaramos curaría

sufrir ▸ sofren sufriches sufra

36

141259 _ 0001-0048.indd 36 24/2/09 19:18:39


3 Separa a raíz e a desinencia destas formas verbais seguindo o exemplo.

RAÍZ DESINENCIA RAÍZ DESINENCIA

estudamos estud- -amos temerás tem- -erás

debateron debat- -eron sufriu sufr- -iu

durmía durm- -ía almorzaba almorz- -aba

4 Completa estas oracións cunha forma verbal que lle vaia ben.

• Le tan de présa que acaba os libros deseguida.

• Mañá xogarás unha partida ao xadrez comigo.

• Cando escribas unha carta, mira de facer boa letra.

• Vai moito frío. Afonso, non saias da casa sen o abrigo!

• Para o aniversario, eu regalarei lle un mp4.

• Sempre di tantas mentiras que ninguén lle fai caso.

◾ Clasifica os verbos que escribiches segundo a conxugación e engade outro exemplo de cada tipo.
R.M. para a terceira columna.

1.ª CONXUGACIÓN • xogarás • regalarei • sumo

2.ª CONXUGACIÓN • le • fai • bebemos

3.ª CONXUGACIÓN • escribas • saias • dividides

5 Arrodea o infinitivo correcto en cada caso e di a que conxugación pertence (1.ª, 2.ª ou 3.ª).
conxugación
• Antón pensou en recorrer recurrir a seu pai para pedirlle consello. 2

• Nese conto, a ra tense que converter convertir en príncipe. 2

• Para facer a tortilla, tes que bater batir ben os ovos. 2

◾ Escribe unha oración cunha forma conxugada de cada verbo anterior. R.L.

37

141259 _ 0001-0048.indd 37 24/2/09 19:18:40


Acentuación diacrítica (II)

O acento diacrítico tamén serve para diferenciar dúas palabras que se


escriben igual, pero das cales unha é tónica (substantivo, verbo, adxec-
tivo) e a outra é átona (artigo, preposición, conxunción).
Levan acento diacrítico Non levan acento diacrítico
nó ▶ ‘lazo, atadura’ no ▶ contracción en + o
é ▶ verbo ser e ▶ conxunción
chá ▶ ‘plana’ cha ▶ contracción che + a
As formas verbais con acento diacrítico consérvano cando van seguidas
dun pronome persoal: Dálle iso a teu irmán.

1 Completa o cadro coas palabra do recadro.

Levan acento diacrítico Non levan acento diacrítico


da • chá
á ▶ ‘ala’; contracción a + a a ▶ artigo; pronome; preposición
por • dá
ás ▶ ‘alas’; contracción a + as as ▶ artigo; pronome
dó • as
chá ▶ ‘plana’ cha ▶ contracción che + a
é • máis
chás ▶ ‘planas’ chas ▶ contracción che + as
pór • a
dá ▶ verbo dar da ▶ contracción de + a
cha • ás verbo dar contracción de + as
dás ▶ das ▶

das • do dó ▶ ‘compaixón; ‘nota musical’ do ▶ contracción de + o


e • chás é ▶ verbo ser e ▶ conxunción
mais • á máis ▶ adverbio de cantidade mais ▶ conxunción ’pero’
dás • nos nó ▶ ‘lazo’ no ▶ contracción en + o
vós • nó nós ▶ ‘lazos’; nos ▶ contracción en + os;
pronome tónico pronome átono
nós • vos
pór ▶ poñer por ▶ preposición
no • chas
vós ▶ pronome tónico vos ▶ pronome átono

2 Risca a opción incorrecta en cada caso.

• Xacobe é e moi xeneroso; ás as veces dá da o que non ten.

• Vilalba é e Outeiro de Rei pertencen á a Terra Chá Cha .

• Tocoume o asento ao lado da dá á a do avión.

• As ás películas non chas chás trouxen, máis mais os libros si.

38

141259 _ 0001-0048.indd 38 24/2/09 19:18:40


5
◾ Clasifica no lugar que lles corresponda as palabras que non riscaches.

• é • ás • dá
TÓNICAS
• á • Chá

ÁTONAS • e • da • as

• chas • mais

3 Escribe oracións que conteñan os seguintes pares de palabras. R.M.

é e ▸ Meu pai é ferreiro e miña nai, profesora.

dás das ▸ Nunca me dás mazás das que me gustan.

pór por ▸ Teño que pórme ao día por se me presento ás oposicións.

dó do ▸ Do que estou seguro é de que dó é a primeira nota musical.

ás as ▸ As ás dese paxaro son de cor negra.

4 Completa as oracións coas palabras dos cadros.

• Que día do vindeiro mes é o teu aniversario?



• Teño que pór me ao día nas novas tecnoloxías.
dás
é • Duarte, dás me esa receita tan antiga, por favor?
pór
• Sabela dá lles sempre as grazas a todos.

• O que máis me gusta das vacacións é non ter horario.


cha
• A gorra non cha collín, porque non sei onde a tes.
por
máis
• Por min que chova, dixo Lois todo contento.

• Teño dó desa gatiña tan fraca.

39

141259 _ 0001-0048.indd 39 24/2/09 19:18:41


A saúde. Eufemismos e palabras tabú
1 Enche cada oco do texto coa palabra axeitada.

xiringa • receita • centro de saúde • xarope • padiola • recoñecer

A visita ao médico
Como me doía a gorxa, miña nai levoume ao centro
de saúde . Ao entrar na consulta, o médico pediume
que subise á padiola e comezou a recoñecer me.
–É grave, doutor? –preguntou miña nai.
O médico chiscoume o ollo e púxose a escribir a receita .
Eu estaba nervioso. Receitaríame inxeccións cunha xiringa ?
Daríame pílulas? Quizais supositorios?
–Ben, eu penso que con este xarope e bebendo moita auga,
nuns cantos días estará perfecto.
Un xarope! Buf, que sorte tiven!

2 Explica a diferenza entre as palabras de cada parella. Podes consultar o dicionario. R.M.

centro de saúde No centro de saúde están os médicos de cabeceira. Imos ao hospital


hospital se precisamos un especialista ou se nos teñen que operar.

Os médicos de cabeceira aténdennos a miúdo e curan de todo. Os médico de cabeceira


médico especialista
especialistas atenden enfermidades concretas: dos ollos, da boca…

3 Escribe unha oración co nome de cada médico representado. R.M. para as oracións.

• O oculista díxome que necesito lentes.

• A dentista recomendoume que lave os dentes máis a miúdo.

• O médico especialista dos oídos, do nariz e da garganta é o otorrinolaringólogo.

40

141259 _ 0001-0048.indd 40 24/2/09 19:18:41


5
4 Subliña os eufemismos destas oracións e substitúeos pola palabra tabú correspondente.

morte • parir • xordeira • cegueira • drogadictos

• No colexio hai alumnos con distintos graos de deficiencia auditiva.

No colexio hai alumnos con distintos graos de xordeira.

• A vítima do accidente padece unha perda de visión temporal.

A vítima do accidente padece unha cegueira temporal.

• As comadroas axudan as mulleres a dar a luz.

As comadroas axudan as mulleres a parir.

• A defunción dos seus avós entristeceuno moito.

A morte dos seus avós entristeceuno moito.

• Esta médica traballa con rapaces drogodependentes.

Esta médica traballa con rapaces drogadictos.

5 Relaciona cada palabra tabú co eufemismo que a substitúe.

asilo desocupados

países subdesenvolvidos discapacitados físicos

minusválidos terceiro mundo

parados hospital psiquiátrico

manicomio residencia

◾ Escribe unha oración con cada un dos eufemismos anteriores. R.L.

41

141259 _ 0001-0048.indd 41 24/2/09 19:18:42


Cubrimos un impreso
1 Copia cada dato no seu lugar dentro deste impreso, que é unha ficha médica.

Uxía Veiga Castro Ás picaduras de abella. Arrefriados, males de oído.

Ten que poñer tapóns nos oídos para


nadar ou ducharse. Se lle entra auga, Mariña Miguéns Veiga
prodúcelle otite.

Club xuvenil A Fervenza


FICHA MÉDICA

Nome e apelidos: Mariña Miguéns Veiga

Lugar e data de nacemento:

Domicilio:

Poboación e código postal: Teléfono:

Nome do pai:

Nome da nai: Uxía Veiga Castro

Toma algunha medicación? Cal?

Que enfermidades adoita padecer? Arrefriados, males de oído.

Ten algún tipo de alerxia? A que? Ás picaduras de abella.

Hai algún alimento que non pode tomar?

Observacións: Ten que poñer tapóns nos oídos para nadar ou ducharse. Se lle entra auga

prodúcelle otite.

◾ Inventa os datos que queiras para completar o impreso anterior. R.L.

42

141259 _ 0001-0048.indd 42 24/2/09 19:18:54


5

Lembro e repaso
1 Arrodea da mesma cor as formas que sexan do mesmo verbo.
• andamos • estiverades • farás • vés

• viñemos • facías • estiveches • andásemos

• fago • andei • andariades • estarei

• estaba • veñamos • viñades • fixestes

◾ Escribe o infinitivo que corresponde a cada verbo anterior e indica a que conxugación pertence.

INFINITIVO CONXUGACIÓN INFINITIVO CONXUGACIÓN


andar 1.ª conxugación vir 3.ª conxugación

facer 2.ª conxugación estar 1.ª conxugación

2 Completa coa palabra axeitada en cada caso.

dás das • Se podes, dásme das mazás máis verdes que tes alí detrás.

• Tivo dó do rapaz que estaba na rúa tocando o acordeón


dó do
para poder sobrevivir.

chá cha • Alba vive na Terra Chá , no concello de Outeiro de Rei.

ás as • As ás do paxaro fano planar polo aire.

pór por • Na miña terra non se utiliza na fala o verbo pór ;é por

iso polo que dicimos compoñer, propoñer, etc.

nós nos • Nós non nos comprometemos con esa causa perdida.

nó no • Fixo un nó grande no cordón do zapato.

3 Anota a palabra tabú a que se refire cada eufemismo.

• 3.ª idade ▶ vellez • centro penitenciario ▶ cárcere

• ouriñar ▶ mexar • home de cor ▶ negro

• parado ▶ desocupado • dicir falsidades ▶ mentir

43

141259 _ 0001-0048.indd 43 24/2/09 19:18:54


REPASO TRIMESTRAL
1 Escribe, a partir de cada imaxe, dous grupos nominais con determinante, núcleo e complemento.

• unhas figuriñas preciosas

• os adornos da árbore

• unha cría de león

• un animal carnívoro

2 Completa coa forma do demostrativo que conveña, segundo o código. Fai as contraccións.

proximidade distancia media afastamento

• Estas rosas olen moito mellor ca aqueles caraveis.

• Os fillos daquela muller son eses rapaces.

• Non sei se poñer esa chaqueta ou este abrigo.

• Naquel estante teño todos os libros dese autor.

• Podemos visitar aquelas covas ou esta ermida.

3 Escribe oracións cos demostrativos e os posesivos indicados. R.L.

este / teu • Dálle este caderno a teu irmán.

• aquel/noso

eses/meus •

• esa/súa

aquelas/vosas •

44

141259 _ 0001-0048.indd 44 24/2/09 19:18:57


4 Copia cada oración cambiando de número os posesivos e os demais elementos que o precisen.

• A miña gata tivo gatiños.


As miñas gatas tiveron gatiños.

• Súa irmá é enfermeira.


Súas irmás son enfermeiras.

• Os meus amigos viven en Allariz.

O meu amigo vive en Allariz.


• A vosa fotografía gañou o concurso.

As vosas fotografías gañaron o concurso.

5 Explica para que serven estes tipos de determinantes e pon algún exemplo.

Os numerais cardinais son palabras que indican cantidades de maneira


Numeral
exacta. Por exemplo: un, dous, tres…
cardinal

Os numerais ordinais indican a orde en que aparece un elemento, é dicir,


Numeral
a posición que ocupa alguén ou algo nunha sucesión. Por exemplo:
ordinal
primeiro, segundo, terceiro…

Os indefinidos son palabras que indican existencia ou cantidade dun xeito

Indefinido impreciso, indeterminado. Por exemplo: algúns, moitos, poucos…

6 Separa a raíz e a desinencia de cada forma verbal e escribe o infinitivo e a conxugación a que pertence.

RAÍZ DESINENCIA INFINITIVO CONXUGACIÓN

cociñabamos cociñ- -abamos cociñar 1.ª conxugación

debatedes debat- -edes debater 2.ª conxugación

sairían sa- -irían saír 3.ª conxugación

fervía ferv- -ía ferver 2.ª conxugación

andastes and- -astes andar 1.ª conxugación

45

141259 _ 0001-0048.indd 45 24/2/09 19:18:58


REPASO TRIMESTRAL
7 Observa e responde fixándote nas maiúsculas.

s
• Cal é o título do libro? As aventuras do xenio Ladino.
ura
vent o
As a adin
n i o L
do xe
e
andr
Alex • Quen o escribiu? Alexandre Veiga.
a
Veig
• Quen o ilustrou? Alba Zas.

• Cal é o argumento do conto? Inventa e escribe. R.L.

8 Ponlles acento gráfico ás palabras que lles cumpra.

´ pequeno e mais eu pasamolo


• Meu irman ´ moi ben no parque.
´
´ Cesar
• Anton, ´
e Candida estan ´
´ en sexto e levanse moi ben.
´ e chegou tarde outra vez.
´ anda sempre a´ presa
• Uxio
´
• Nestor e´ condutor de ambulancias desde hai moitisimos
´ anos.
´ prometeume que maña´ traera´ uns bombons.
• Luisa ´

´ porque a deixaron presa.


• A cadela ladrou todo o dia
´ na bicicleta e pasei por onda un muiño
• Ia ´ vello.

9 Marca o cartel en que todas as palabras estean ben escritas.

• muíño • Ramón • dátil • saíu


• mármore • ademáis • verniz • bóla
• revés • sofá • lóstrego • teléfono
• estábamos • báscula • heroína • lápis
• serán • fértil • café • náufrago

46

141259 _ 0001-0048.indd 46 24/2/09 19:19:00


10 Volve escribir as palabras e ponlles acento gráfico se lles cómpre.

• remuiño ▶ remuíño • farmaceutico ▶ farmacéutico

• ademais ▶ ademais • proteinas ▶ proteínas

• beirarrua ▶ beirarrúa • reliquia ▶ reliquia

11 Ponlles acento gráfico ás palabras que teñan que levalo. Utiliza o dicionario, se che cómpre.

• funil ´ (verbo vir)


• ves ´
• compostelan • no´ (‘lazo’)

• martes • ven (verbo ver) ´


• debil • vos (pronome átono)
´
• mercores • pola (‘galiña’) ´
• diurno ´ (verbo dar)
• das
´
• reptil ´ (‘esfera’)
• bola ´
• ruido • te (letra; pronome átono)
´
• tuneles • oso (‘animal’) ´
• carcere • do´ (‘compaixón’; nota musical)
´
• Ines • pe´ (‘parte do corpo’) • cafe´ ´
• sabedoria

• resolver • da (de + a) • anteollos ´


• naufrago

12 Escribe a onomatopea do son de cada animal e o verbo correspondente.


Miau!
Graaaa! Muuuu!

ruxir muxir miañar

13 Separa os elementos que compoñen estas palabras e explica o significado.

azucreiro azucr- + eiro ▶ recipiente que contén azucre

prehistoria pre + historia ▶ etapa da historia anterior á invención da escritura

pianista pian + ista ▶ persoa que se dedica a tocar o piano

recoller re + coller ▶ coller algo que caeu ou está no chan; poñer en orde

electricista electric + ista ▶ persoa que se dedica a montar e amañar instalacións eléctricas

sobrepeso sobre + peso ▶ peso de máis que ten unha persoa

47

141259 _ 0001-0048.indd 47 4/3/09 10:10:44


O caderno de Lingua 6, primeiro trimestre, para sexto curso de Educación Primaria,
é unha obra colectiva concibida, creada e realizada no departamento
de Edicións Educativas de Edicións Obradoiro, S.L. / Santillana Educación, S.L.,
baixo a dirección de HENRIQUE JUAN REDAL e ANA MARÍA GUERRA CAÑIZO.
Texto: Ánxela Carril e Afonso Toimil
Ilustración: Esperanza Martínez

Edición: Afonso Toimil Castro

Dirección de arte: Xosé Crespo

Proxecto gráfico
Portada: Carrió / Sánchez / Lacasta
Interiores: Paco Sánchez

Ilustración de portada: Gabi Beltrán


Xefa de proxecto: Rosa Marín
Coordinación de ilustración: Carlos Aguilera
Xefe de desenvolvemento de proxecto: Javier Tejeda
Desenvolvemento gráfico: Xosé Luís García Bermejo e Raúl de Andrés
Dirección técnica: Ángel García Encinar

Coordinación técnica: Xosé Luís Verdasco e Ester Marín


Confección e montaxe: Ester Marín
Corrección: Antón Palacio e Luz Cures
Documentación e selección fotográfica: Mercedes Barcenilla

Fotografía: A. Toril; D. López; I. Rovira; J. Jaime; Prats i Camps; S. Padura;


A. G. E. FOTOSTOCK; AGENCIA ESTUDIO SAN SIMÓN/A. Prieto;
COMSTOCK; HIGHRES PRESS STOCK/AbleStock.com; I. Preysler; ISTOCKPHOTO;
PHOTODISC; STOCKBYTE; MATTON-BILD; Samsung;
SERIDEC PHOTOIMAGENES CD; ARQUIVO SANTILLANA

© 2009 by Edicións Obradoiro, S. L./Santillana Educación, S. L.


Ruela de Entrecercas, 2 – 15705 Santiago de Compostela
PRINTED IN SPAIN
Impreso en España por

CP: 141259
Depósito legal:

Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou


transformación desta obra só se pode realizar coa autorización dos seus
titulares, salvo excepción prevista na lei. Contacte con CEDRO (Centro
Español de Dereitos Reprográficos, www.cedro.org) se necesita fotocopiar
ou escanear algún fragmento desta obra.

141259 _ 0001-0048.indd 48 24/2/09 19:19:00

Potrebbero piacerti anche