Servizos de información académica para os estudantes do IES García Barbón
O Departamento de Orientación do IES García Barbón ven desenvolvendo distintas iniciativas ao
longo destes anos que queren ser de axuda para facilitar unha información e orientación académica e laboral de calidade á comunidade educativa.
O Blog de Orientación – http://orientación.blogia.com - é una das axudas máis antigas, xa que
ven funcionando dende o ano 2005. O blog facilita moitas e interesantes aportacións -elixidas con criterios de calidade e utilidade- sobre convocatorias de potencial interese, temas de información académica, orientación e toma de decisións. Recomendo de maneira especial os vídeos e as propostas de recursos de titoría que podemos ver en formato presentación.
Complementariamente, é moi recomendable seguir a nosapáxina de Facebook -
https://www.facebook.com/barbonblog.verin- xa que una parte do que se publica non sempre aparece no blog de Orientación. Napáxina de Facebook do Departamento de Orientación damos conta de moitas convocatorias de oposición, ofertas de traballo –pensando nos nosos estudantes de Formación Profesional- e novidades relacionadas coa información e a orientación académica e laboral.
Pensando no noso alumnado de Bacharelato recomendamos e facilitamos distintas ferramentas
que poden ser de axuda no difícil camiño de toma de decisión sobre o futuro profesional.
Programa Orienta 2019-2020 -http://www.orientaline.es/?yafxb=41564 – no que se facilita unha
manchea de información sobre todas os distintos itinerarios académicos e profesionais e cuestionarios de orientación-. Na web http://workinside.org/buscar?orientacion=grado&rama=-1 os estudantes universitarios contan a súa experiencia na súa traxectoría académica e asonsellan aos futuros estudantes. Non cabe dúbida que se trata unha achega de moito interese.
Os vídeos sobre graos universitarios que ofrece a Universidade de Vigo-
https://tv.uvigo.es/series/5b5b5d6d8f4208e03323818a -. Tanto profesorado como estudantes ofrecen a súa opinión e as súas orientacións para os futuros estudantes.
Para ter unha idea da oferta de estudos superiores en Galicia tamén podemos consultar a base de datos que se anota: https://estudiarengalicia.lavozdegalicia.es/
Para saber máis: http://xurl.es/barbonorienta
Para saber máis e coñecer outros recursos de información académica e orientación
visitade o noso blog de Orientación e a nosa páxina en Facebook.