Sei sulla pagina 1di 20

PROXECTO C.E.I.P.

CASÁS:

“AULAS SEN RUIDO”

Laura Fernández Vázquez

Xefa do Departamento de Orientación


ÍNDICE:

1. Introdución.

2. Efectos do ruído.

3. Análise da realidade sonora do centro.

4. Propostas a nivel de centro e de aula.

5. Anexos
1. Introdución

Convivir co ruído resulta molesto para moitos, e pasa desapercibido para outros que non
chegan a ser conscientes dos niveis sonoros os que están expostos en determinados
momentos, pero non cabe dúbida que o ruído ten efectos sobre a saúde da xente. Así, na
nosa sociedade, os niveis sonoros son indicadores da calidade de vida.

Tendo en conta o centro educativo como parte da sociedade, queremos tomar solucións
ao problema de contaminación acústica das nosas aulas.

É responsabilidade de todos, por iso é importante que toda a comunidade educativa sexa
consciente da contaminación acústica e as boas prácticas para minimizar o seu impacto.

A finalidade desta proposta é concienciar e sensibilizar á comunidade educativa dos


problemas sociais, ambientais e de saúde que causa a contaminación acústica para poder
preparar ao alumnado e que poida actuar responsablemente; ao mesmo tempo afianzar o
sentimento de pertenza ao centro.

Ademais temos que ser conscientes da realidade do noso centro, no cal convive moito
alumnado con TEA, polo tanto debemos de actuar en consecuencia e ter en conta, como
se establece no Protocolo de tratamento educativo do alumnado con trastorno do
espectro do autismo (TEA), a atención aos problemas no procesamento sensorial, tanto
por hipersensibilidade como por hiposensibilidade ou por dificultades na integración da
información sensorial.

No C.E.I.P. Casás a maioría do alumnado presenta hipersensibilidade, podemos


observar como en certos momentos ruidosos se tapan os oídos ou se golpean a cabeza
para reducir ese impacto sensorial auditivo. Para poñernos na súa situación farei
referencia a seguinte cita de Temple Grandin: “Mi sentido del oído es como si llevase
un audífono con el volumen bloqueado en “super-alto”. Es como un micrófono abierto
que lo recoge todo. Tengo dos opciones: encender el micrófono y abrumarme con tanto
sonido, o desconectado.”
2. Efectos do ruído

Diversos expertos e organizacións como a OMS, declaran que o ruído ten efectos
prexudiciais para a saúde. Estes prexuízos varían dende trastornos puramente
fisiolóxicos; como a coñecida pérdida progresiva de audición, ate os psicolóxicos; ao
producir irritación e cansazo que provocan disfuncións na vida cotiá. A lista de posibles
consecuencias da contaminación acústica é longa: interferencias na comunicación,
insomnio, estrés, irritabilidade, diminución do rendemento e da concentración, dor de
cabeza, etc.

Entre os efectos que o ruído pode producir no noso alumnado, cabe destacar os
psicolóxicos e os sociais, xa que o ruído repercute na falta de concentración do
alumnado, facendo que teñan un rendemento escolar máis baixo. Ademais poden xurdir
problemas de comunicación ou illamento, xa que ante a incapacidade de comunicarse
adecuadamente é normal que o alumnado tenda cada vez mais a evitar a comunicación.

Estamos ante efectos tan nocivos, que mesmo se declara o derradeiro mércores do mes
de abril o Día Internacional da Concienciación sobre o Ruído, có propósito de promover
a nivel internacional o coidado do ambiente acústico, a conservación da audición e a
concienciación sobre as molestias e danos que xeran os ruídos.

3. Análise da realidade sonora do centro

Os espazos do centro, outorgan calidade a ensinanza, condicionan, favorecen ou


dificultan o desenrolo e a aprendizaxe dos nenos e nenas, polo tanto deben se elemento
de estudo.

Despois de analizar os momentos e as zonas nas que se producen maiores niveis de


ruído no centro, observamos que estes se producen nas seguintes situacións:

- Entradas e saídas do centro.


- Desprazamento do alumnado polos corredores (cambios de clase, tempo de
lecer...)
- Arrastre de mesas e cadeiras nas aulas.
- Uso do comedor.
Esta análise lévanos a considerar os efectos disruptivos do ruído, concretamente sobre a
actividade docente e os comportamentos do alumnado.

- O ruído obriga a elevar o ton de voz nos espazos onde se produce.


- Altera a concentración para traballar na clase.
- Crea un ambiente desagradábel.

Estes momentos mesmo poden desembocar en ansiedade e irritabilidade, por tanto é


algo prexudicial para o alumnado; e polo tanto tennos que servir para transformar a
realidade sonora do colexio, non debemos conformarnos có entorno como nos ven dado,
senon que debemos comprometernos en transformar e personalizar os espazos, para
facer do centro un lugar onde os nenos e nenas encontren o ambiente necesario para o
seu desenrrolo, e sen dúbida deben ser espazos para todos, non esquecendo ao alumnado
con necesidades específicas de apoio educativo.

4. Propostas de actuación a nivel de centro e de aula.

O ruído está considerado como un axente contaminante do mundo moderno, e hoxe en


día a sociedade non acepta que o ruído sexa un produto “natural” do desenvolvemento
tecnolóxico, e en consecuencia débese regular e controlar.

Por todos estes motivos, establécense as seguintes propostas:

Propostas de actuación a nivel de centro:

- Instalar un sistema que se ilumine cando o ruído exceda os niveis de decibelios


establecidos.

- Colocar carteis invitando a comunicarnos nun ton de voz baixo.

- Utilizar a música como controlador do volume sonoro do comedor, de maneira


que non se poida superar esta, é dicir, a música sempre terá que escoitarse.
- Cambiar o timbre de comezo e final da clase, e do tempo de lecer do colexio, por
música.

- Baixar o volume da megafonía.

- Organizar patrullas do ruído: O alumnado maior do centro irá con un sonómetro


polas diferentes dependencias do centro medindo os niveis de ruído para facer
un ranking. Finalmente poderán elaborar un mapa sonoro.

- Uso da aplicación Zero Noise Classroom para comparar os niveis de ruídos con
outros centros.

Propostas de actuación a nivel de aula:

- Colocar carteis invitando a comunicarnos nun ton de voz baixo. (anexo I)

- Sensibilizar ao alumnado e establecer un código das boas prácticas sonoras.


(Anexo II)

- Rutina de tempo de silencio: os alumnos deberán ser conscientes do silencio e a


súa respiración durante un minuto. Podería ser o punto de partida da actividade
escolar ou a volta á calma despois do tempo de lecer.

- Establecer entre os docentes e o alumnado un código, sonoro ou xestual para


pedir silencio. Exemplo: cerrade cremalleiras, xesto musical do silencio
(cerrando o puño), tren do silencio para infantil, apagar e acender a luz para
chamar a súa atención...

- Utilizar pelotas de tenis colocadas nas patas das cadeiras para que cando as
arrastren non moleste o ruído (en calquera caso, con suavidade).
- Momento de lectura despois do tempo de lecer.

- Novas funcións para os delegados/as:Escoller un alumno/a por clase que toque


unha sinal acústica forte como unha campanilla ou un silbato cando considere
que hai moito ruído.

- Pinta a música! : é unha actividade na que se estimula a sensibilidade auditiva e


a imaxinación. Cada alumno/a debe pintar libremente mentres escoitan música,
de maneira que van cobrando vida historias ou figuras desprendidas da
atmosfera musical. Algúns exemplos de peza musicais, son: «El cisne», de
Camile Saint Saënts (El Carnaval de los animales), «Aquarium», de Camile
Saint Saëns (El carnaval de los animales), «La danza de los cuchillos»,Prokófiev
(Romeo y Julieta), ou a «Danza china»,Tchaikovsky (El Cascanueces).

- Uso de aplicacións nas lousas dixitais: Propoñemos a aplicación online Bouncy


Balls, que permite monitorizar o ruído da aula mediante unhas pelotas de cores
que botan na pantalla. Cando as bolas están posadas, será porque a clase é
silenciosa; si as bolas comezan a saltar é que hai ruído.
Outra aplicación é, Zero Noise Classroom a cal permite ao alumnado ser
consciente do nivel de ruído na aula xa que mostra o porcentaxe de tempo no
que o ruído excedeu o nivel óptimo.

- Outros xogos: Pedir ao alumnado que peche os ollos e permanezan en silencio


pero atentos durante un minuto para despois describir os sons que han
identificado ao longo de ese paréntese de silencio ou poñer unha peza musical na
que teñan que identificar os instrumentos cós que se interpreta.

- Técnica das criaturas silenciosas:Estas criaturas viven nun frasco. Cando comeza
o día colócanse no lado superior esquerdo da mesa. Se o alumno/a é demasiado
ruidoso/a ou comeza a xogar con el o moveremos para o outro lado da mesa. Se
continúan facendo ruído regresan ao seu frasco. Cando remata a clase quen teña
a súa criatura na mesa pode gañar puntos, aínda que a maioría das veces o feito
de ter a criatura no escritorio é unha recompensa suficiente.
5. Anexos

Anexo I: Carteis
Anexo II: Propostas didácticas.

Sesión 1: Sesión introdutoria e de mentalización.

Nesta sesión o que se pretende é que o profesorado faga unha introdución aos moitos
estímulos sonoros que nos rodean -ruídos e sons- .

Pregunta n.1: Podedes poñer exemplos de sons?

- Respostas e discusión: Deixar que o alumnado poña os exemplos que consideren


oportunos. A continuación o profesorado pregunta si o resto de alumnos/as está
de acordo e os motivos.
- Aportación do profesor/a: Ilustrar con algúns exemplos de sons comúns, por
exemplo: a música, o piar dos paxaros, a voz humana nun nivel moderado, o son
da auga que baixa por unha fervenza etc.

Pregunta n.2: Podedes poñer exemplos de ruídos?

- Respostas e discusión.
- Aportación do Profesor/a: Ilustrar con algúns exemplos de ruídos comúns, como
por exemplo: o ruído do tráfico, das obras urbanas, etc.

Pregunta n.3: Que entendedes por son?

- Respostas e discusión.
- Aportación do profesor/a: Referímonos a son cando se trata dunha sensación
agradabel producida no sentido do oído.

Pregunta n.4: Que entendedes por ruído?

- Respostas y discusión.
- Aportación do Profesor/a: O ruído é todo son non desexado.
Pregunta n.5: Cando un son cotiá o consideramos ruído?

- Respostas e discusión.
- Aportación del profesor/a: Cando ese son nos molesta ou perturba na nosa
actividade.

Pregunta n.6: Creedes que o ruído ten algún efecto negativo sobre a saúde?

- Respostas y discusión.
- Aportación del Profesor/a: Comentar os problemas que a exposición ao ruído
pode producir nas persoas, como por exemplo: Impide o descanso, pode
producir dor de cabeza, non deixa que nos concentremos na clase ou cando
estudamos...

Actividade práctica:

SONS RUIDOS

Reproducir este cadro no encerado e ir anotando os exemplos do alumnado. Preguntar


se están de acordo,o profesor/a pode puntualizar o que estime convinte segundo o seu
propio criterio.
Sesión 2: Nesta sesión imos a aprender a protexernos dos ruídos e a ter
comportamentos coidadosos para non producilo.

Pregunta n.1: Como nos podemos protexer do ruído?


- Respostas e discusión.
- Aportación do profesor/a: Comentar a necesidade de protexerse dos niveis
sonoros elevados polos trastornos que poden ocasionar nas persoas. Podemos
facer as seguintes recomendacións: Non escoitar música ou empregar cascos
con volume moi elevado

Pregunta n.8: Necesitades silencio para realizar algunha tarefa?


- Respostas e discusión.
- Aportación del profesor/a: O silencio é necesario para a realización de
actividades que requiren dunha gran concentración.

Pregunta n.9: Que podemos facer para non producir ruído?


- Respostas e discusión.
- Aportación do profesor/a: Recomendar unha conduta coidadosa para non
molestar aos demais: Falar con voz moderada, non é necesario falar en voz alta;
nin gritar para que o resto nos escoite. Mover cadeiras, mesas ou outro
mobiliario sen facer ruído, xa que se causa molestia ás persoas que están
próximas. Pechar as portas sen dar golpes. Recomendar que na casa se modere o
volume do televisor, pois o son tamén se converte nun ruído para os que non
desexan disfrutar dese son.

Actividade: Comic audiovisual “Silín y Ruidón” para ser visionado e comentado co


alumnado. http://vimeo.com/18267500

Profesor/a: Despois de falar tanto dos sons e os ruídos, fixen unha recopilación de
tódalas normas que xurdion entre todos, ímolas recoller no “Decálogo das Boas
Prácticas Sonoras”. Vounas ler en voz alta e decídesme se estades de acordo, no caso de
ser así, pasareivos o folio para que asinedes e deste xeito vos comprometades a seguir
ditas regras. (Logo podedes pegar o folio na porta ou noutro lugar visible da aula para
así lembralas cando fose necesario)

DECÁLOGO DAS BOAS PRÁCTICAS SONORAS

1. Falar en ton baixo cando se traballe en grupos.


2. Si movemos o mobiliario, levantarémolo, sen arrastrar.
3. Pedir quenda para falar.
4. Si queremos falar con persoas que están lonxe, aproximarnos a elas, sen berrar.
5. Evitar facer ruídos innecesarios en zonas nas que podemos molestar (corredores, biblioteca)
6. Expresar amablemente a outras persoas, se fan ruído, que molestan.
7. Escoitar aos demais cando falan, non interrumpilos.
8. Manter silencio cando o profesor/a o pida.
9. Pechar a porta con coidado.
10. Falar baixo no comedor e non dar golpes cos cubertos.

O alumnado da clase de ......... comprométese a cumprir o decálogo e para que exista constancia deste
feito, abaixo asinan os presentes:
Sesión 3: Proposta de actividades prácticas complementarias.

Alumnado de E.I., 1º e 2º nivel de E.P.: Debuxo individual que amose un ambiente


sonoro agradabel.

Alumnado de 3º e 4º nivel de E.P. : Elaborar un conto colectivo, por grupos, no que se


poña de manifesto as boas prácticas sonoras.

Alumnado de 5º e 6º nivel de E.P.: Redación persoal sobre as causas, efectos


e prevención contra o ruído.

Proxecto “AULAS SEN RUIDO”

Laura Fernández Vázquez

Potrebbero piacerti anche