Sei sulla pagina 1di 2

Servizos de información académica para os estudantes do IES García Barbón

O Departamento de Orientación do IES García Barbón ven desenvolvendo distintas iniciativas ao


longo destes anos que queren ser de axuda para facilitar unha información e orientación
académica e laboral de calidade á comunidade educativa.

O Blog de Orientación – http://orientación.blogia.com - é una das axudas máis antigas, xa que


ven funcionando dende o ano 2005. O blog facilita moitas e interesantes aportacións -elixidas con
criterios de calidade e utilidade- sobre convocatorias de potencial interese, temas de información
académica, orientación e toma de decisións. Recomendo de maneira especial os vídeos e as
propostas de recursos de titoría que podemos ver en formato presentación.

Complementariamente, é moi recomendable seguir a nosa páxina de Facebook -


https://www.facebook.com/barbonblog.verin- xa que una parte do que se publica non sempre
aparece no blog de Orientación. Na páxina de Facebook do Departamento de Orientación damos
conta de moitas convocatorias de oposición, ofertas de traballo –pensando nos nosos estudantes
de Formación Profesional- e novidades relacionadas coa información e a orientación académica e
laboral.

Pensando no noso alumnado de Bacharelato recomendamos e facilitamos distintas ferramentas


que poden ser de axuda no difícil camiño de toma de decisión sobre o futuro profesional.

Programa Orienta 2019 -http://www.orientaline.es/?yafxb=41564 – no que se facilita unha


manchea de información sobre todas os distintos itinerarios académicos e profesionais e
cuestionarios de orientación-.
Na web http://workinside.org/buscar?orientacion=grado&rama=-1 os estudantes universitarios
contan a súa experiencia na súa traxectoría académica e asonsellan aos futuros estudantes. Non
cabe dúbida que se trata unha achega de moito interese.

Os vídeos sobre graos universitarios que ofrece a Universidade de Vigo -


https://tv.uvigo.es/series/5b5b5d6d8f4208e03323818a -. Tanto profesorado como estudantes
ofrecen a súa opinión e as súas orientacións para os futuros estudantes.

Para ter unha idea da oferta de estudos superiores en Galicia tamén podemos consultar a base
de datos que se anota: https://estudiarengalicia.lavozdegalicia.es/

Para saber máis e coñecer máis recursos de información académica e orientación visitade
o noso blog de Orientación e a nosa páxina en Facebook.

http://orientacion.blogia.com/2019/050601-fontes-de-informacion-e-orientacion-academica.php

Potrebbero piacerti anche