Sei sulla pagina 1di 7

COLEXIO DE CERVO

CONTO
A MELLOR AVENTURA, UN LIBRO

• Segundo conta Puca houbo unha vez un neno, aquí, en


Cervo; que odiaba os libros e ao mundo!

• Estaba enfadado porque unha vez lle obligaran a ler, e


buscaba a súa vinganza cheo de carraxe. Por iso, cando se
enterou de que nunha antiga biblioteca se agochaban os
peores libros do mundo, decidiu non parar ata atopala.
Pensaba en facerse co peor de todos e obligar a lelo aos
seus enimigos e a todo mundo!

Adaptación do conto de Pablo Pedro Sancristán (cuentosparadormir.com)


• Viaxou por todas as partes do mundo, non deixou país
de Europa por percorrer, revisando libros e mapas e
visitando antigas ruinas, seguindo pistas máxicas e
segredos misteriosos. Escapou de ladróns, atopou
tesouros perdidos, cruzou illas e volcáns ata
que...finalmente, descubriu a antiga e abandonada
biblioteca da que oira falar.
• Ningún dos centos de libros que atopou alí
tiña título. Tería que empezar a lelos todos
para elexir o peor. Entón, abriu o primeiro. Era
un libro de aventuras! Como a el lle gustaba
todo o que tivera que ver con viaxes e
aventuras, leu varias páxinas seguidas.

• Para cando se deu conta de que aquel non


podía ser o peor libro do mundo, estaba tan
metido na historia que xa non puido deixar de
lelo!
• Ao día seguinte, colleu outro libro que
atrapou a súa imaxinación ainda máis que o
anterior, tal e como lle pasou un día despois.

• E así, cada día, collía un libro coa esperanza


de atopar o peor libro do mundo, pero
acababa lendo un apaixonante libro de
aventuras durante toda a noite.

• Pasou anos lendo, e gustáballe tanto que


chegou a olvidar por que estaba alí, ata
que un día atopou, casi escondido, un libro
distinto.
• Cando o abreu, leu a única frase escrita na primeira folla: “ Este é o
peor libro do mundo”. Por fin! Atopárao! Impaciente, pasou
a páxina para comezar a ler...

• Pero a páxina estaba baleira, e tamén a seguinte, e todas as demais


follas do libro! Ao velas así, abandoadas, esperando ter unha historia
que contar, o neno sentiu pena. No fondo, tiña tantas ganas de
seguir lendo que comprendeu que era verdade que solo un
libro sin escribir podía ser o peor libro do mundo .
• Pensou entón que chegara o seu momento, e tomando o
lapis, comezou a escribir todas as súas aventuras
para encher aquelas páxinas en branco. Escribiu durante
días e noites, dando lugar a un libro máxico.

• De volta á biblioteca, escribiu na primeira folla doutro


libro baleiro: “ Este é o peor libro do mundo” e deixouno
agochado, tal e como el o atopara. Saiu dalí esperando
que o próximo visitante daquela máxica biblioteca tivera,
algún día, unha apaixonante historia que contar, tal e
como lle pasara a el, que ao final se convertira nun
gran lector e aventureiro.

FIN

Potrebbero piacerti anche