Sei sulla pagina 1di 4

OS CELTAS VIÑERON DE ÁFRICA

Se entendemos por celtas aos habitantes das partes máis occidentais de Europa, entón, o
fundamental do substrato celta procede do norte de África e non do norte de Europa.

Segundo o narrador latino Rufo Festo Avieno, os celtas ocupaban as marxes atlánticas europeas
dende as columnas de Hércules cara o norte. Para os romanos, os celtas eran os habitantes máis aló
dos Alpes, os chamados galos, diferenciándoos claramente do mundo mediterráneo. Na actualidade
enténdense por celtas as culturas centroeuropeas de Hallstatt e de La Tène, e aínda que hai unha
forte compoñente centroeuropea na cultura celta, sobre todo a nivel lingüístico, os celtas eran os
africanos do continente europeo.

Por volta do ano 6.000 a.C a desecación do Sáhara provocou unha forte migración cara ó norte de
Europa de persoas procedentes do norte de África, especialmente ao longo da costa, dende Portugal
ata Escocia. Estas xentes norteafricanas eran portadoras de xenes, casas, vacas e unha novidosa
cultura.
Por exemplo, eran portadoras do haplogrupo M81 de orixe norteafricana e que alcanza as máximas
frecuencias na metade occidental da península ibérica, sobre todo, en Portugal, Galicia,
Extremadura ou León. Tamén está moi presente nos pasiegos cántabros (40%), e non ten nada que
ver con repoboacións posteriores de moriscos trala Reconquista.
Este aporte xenético norteafricano chegou ata Irlanda, Gales e Inglaterra. Son os chamados “black
irish phenotype”, individuos de cabelos escuros, negro azulado, como poden ser o cantante Brian
Kennedy, o actor Pierce Brosnan, as actrices Catherine Zeta-Jones e Courteney Cox, o actor Peter
Gallagher, a cantante Dolores O'Riordan, Andrea Corrs ou o político americano de orixe irlandesa
Paul Ryan.
Se tivésemos que definir un modelo racial galaico sería un individuo rubio, de ollos claros e xenes
norteafricanos, froito do choque de Europa e África en terras galegas. A partir de aquí tódalas
variantes posibles, dende individuos moi mouros de cabelos negros e azulados ata individuos rubios
de clara influencia do norte de Europa.

As vivendas dos celtas occidentais eran redondas, de manifesta influencia africana, frente as
vivendas dos celtas de Centroeuropa, que eran de forma rectangular, propias da cultura Hallstatt e
La Tène.
A raíz KEL é unha raíz moi antiga que significa xirar, tornar ou redondo (palabras como colar ou
colo teñen esta orixe). De aí vén a palabra Keltoi, aqueles que habitaban o ocaso, o occidente de
Europa e construían as súas casas de maneira circular, frente as formas rectangulares dos celtas da
Centroeuropa.

Estes pobos do norte de África tamén trouxeron a agricultura e a gandería. Con eles comezarían as
prácticas neolíticas. E con eles chegaron as vacas.
Ao igual que ocorre coas persoas, dentro do mundo bovino podemos distinguir vacas de orixe
norteafricana (haplogrupo T1a), sobre todo ó longo das costas occidentais de Europa, como poden
ser a raza maronesa en Portugal, a raza cachena en Galicia, a raza jersey en Francia, a raza white en
Inglaterra ou a raza highlands en Escocia. Eran vacas de menor porte e capa de cor rubia. Pola
contra, as vacas da Centroeuropa eran portadoras do haplogrupo T3, eran vacas de maior tamaño e
capa negra ou escura como por exemplo as frisonas alemás.

Os pobos do norte de África eran portadores dunha importante cultura. Atesouraban avanzados
coñecementos cosmográficos procedentes da actual Mauritania. Sabían da existencia de terras máis
aló do océano Atlántico, preto de Senegal, e seduciron á poboación local coa inmortalidade no máis
alá. A construción de dolmens e megalitos simbolizan estes coñecementos cosmográficos e
relixiosos. De feito, moitos dolmens chámanse na actualidade “casas de mouros”.
Os petroglifos en forma de labirinto tamén teñén unha orixe oriental-africana. Son coils e
representan as cosmogonías primixenias a partir das cales se inicia o relato da creación, como un
precedente da escritura. Os míticos druidas celtas son herdeiros de todo este saber esotérico.

En torno ó ano 2.000 a.C chegaron as linguas indoeuropeas a península ibérica procedentes de
Europa. A existencia do substrato norteafricano axudou a diferenciar as linguas celtas occidentais. A
súa sonoridade pervive na actualidade en linguas coma o portugués, o galego, o francés ou o inglés.
O substrato norteafricano perdurou á chegada das linguas indoeuropeas dende Europa e configurou
as linguas celtas occidentais. Sail é navegar en Reino Unido e silel é navegar en Marrocos.

Para os romanos os celtas habitaban o outro lado dos Alpes, en contraposición co mundo
mediterráneo. Os celtas eran os pobos da Europa húmida, boscosa e atlántica. Hoxe en día sabemos
que había celtas da cultura Hallstatt e La Tène, celtoescitas ou gálatas, claramente centroeuropeos, e
por outra banda, estaban os celtas da marxe atlántica europea posuidores dun forte substrato
africano que os diferenciaba dos celtas centroeuropeos. Os celtas atlánticos son os africanos do
continente europeo e a súa influencia esténdese dende Portugal ata Escocia, ao longo da costa
atlántica europea. Dende Senegal ata Escocia esténdese o mundo atlántico, o mundo celta.

Por Marcos Castro Vilas. Arquitecto, historiador e investigador.

Potrebbero piacerti anche