Sei sulla pagina 1di 9

IMPACTO DO SENDEIRISMO NA

FLORA DO COUREL
CPI Poeta Uxío Novoneyra

Antía Álvarez González


Rebecca Piacentini Fuentes
O Courel

TÍTULO:
Impacto do sendeirismo na flora do Courel
AUTORAS:
Antía Álvarez González
Rebecca Piacentini Fuentes
RESUMO:
Logo de participar en diversas actividades de sendeirismo e montañismo, observamos
que despois do noso paso pola natureza modificabamos a vexetación, espantabamos os
animais, erosionábamos a superficie, en resumo facíamos un impacto no medio.
Por iso, para o noso segundo ano de intervención en Galiciencia, quixemos investigar a
pegada dos sendeiristas polos montes do Courel. Para elo foi creada polos alumnos unha
novedosa metodoloxía de investigación que se aplicou na zona protexida da devesa da
Rogueira.
INTRODUCIÓN:
Vivimos na Serra do Courel, espazo natural coñecido en Galicia pola súa diversa
vexetación. Cada ano achéganse as nosas terras miles de turistas con ganas de facer rutas de
sendeirismo; en momentos puntuais do ano hai carreiras de montaña con moitos participantes
e xurde a dúbida sobre o impacto destas actividades na nosa contorna.
O senderismo no Courel é a actividade deportiva con maior número de practicantes. O
número de roteiros sinalizados é de 11. Ademáis existen infinidade de camiños non sinalizados
que tamén serven para esta actividade. Aínda que a maior parte dos sendeiros utilizan vías
públicas, algúns deles pasan por zonas de alto valor biolóxico como é o caso do que percorre a
devesa da Rogueira.
Neste espazo hai singularidades biolóxicas como orquídeas, entre elas a orquídea
endémica do Courel, Dactylorhiza cantabrica, que podemos observar na entrada deste bosque.
A devesa da Rogueira é o bosque máis frecuentado do Courel polo que coñecer o impacto das
persoas neste entorno resultounos de gran interese.
PROPÓSITO:
- Determinar o número de especies ruderais na devesa da Rogueira nun cadro de
mostraxe de 50 cm x 50 cm .
- Estimar a cobertura vexetal dun espazo antes e despois do paso de 10, 20, 30 e 100
persoas.
- Avaliar a compactación do solo despois do pisoteo de 100 sendeiristas.
- Comparar a presenza de lixo por km de camiño en dúas rutas con diferente afluencia
humana.
ESTUDO DE ESTADO DA ARTE:
Segundo o estudo de M. Tudela e outros (2009) determinouse que o sendeirismo ten un
efecto no solo, concretamente erosionando, compactando, e provocando a perda de materia
orgánica. Á vexetación tamén sufre a perda da cuberta vexetal e incrementa o risco de
incendio. En 2013, Casals calificou como impacto negativo moderado os efectos que o
sendeirismo tiña no solo en na vexetación, e estableceu que para a recuperación das
condicións do medio requiríase de certo tempo e precisaríase adoptar medidas correctoras.

1
O Courel

HIPÓTESE:
Camiñar fóra dos sendeiros causa danos na vexetación e compacta o solo.
MATERIAL E MÉTODOS
Escollemos un terreo con vexetación sen pisar nos arredores da Devesa da Rogueira.
Delimitamos unha área de 50 cm x 50 cm cun cadro de poliestireno expandido. Fixemos un
inventario das especies nesa zona.
Fotografamos a nosa parcela antes de comezar o experimento. Estimamos a cobertura
vexetal tomando 3 mostras aleatoriamente: en cada punto aleatorio colocamos unha estaca e
medimos a vexetación que a tocaba; contabilizamos o número de toques da vexetación na vara
e a altura a que se producían. Despois simulamos o paso de 10, 20, 30 e 100 persoas no lugar de
estudo (pasando nós mesmos pola parcela ese número de veces), e logo de cada un destes
intervalos medimos de novo a cobertura vexetal polo mesmo método.
Por outra banda, para estimar a compactación do solo polo pisoteo, cronometramos a
velocidade de absorción de 10 mL de auga. Precisamos, por tanto, levar una bureta para medir
esa cantidade. Collemos os datos de permeabilidade tanto na sección de mostraxe como no
camiño adxacente (no que se supón que o solo terá maior compactación que fóra do camiño).
Todos estes datos foron analizados coa axuda dunha folla de cálculo.
Tamén avaliamos o impacto dos humanos na paisaxe a través do abandono de lixo no
camiño. Para iso, comparamos a ruta que atravesa a devesa da Rogueira (a máis transitada do
Courel) durante 4 km e a ruta que descende dende o alto do Couto a Moreda (con menos
afluencia de persoas) duns 3 km de lonxitude.
RESULTADOS
Identificamos 12 especies diferentes de plantas no noso cadro de mostraxe. Na táboa 1
recollemos ditas especies e as imaxes (imaxes da 1 á 7) nas que se poden ver.

Especies vexetaisatopadas Imaxes
Sedum forsterianum 1
Cruciata laevipes 1
Cirsium sp. 2
Fragaria vesca 2
Trifolium repens 5
Ranunculus bulbosus 3 e 6
Dactylis glomerata 3
Asphodelus lusitanicus 7
Stellaria holostea 6
Anthoxanthum odoratum 4
Festuca rubra 4
Viola riviniana

Taboa 1: Especies vexetais atopadas no cadro de mostraxe de 50 cm x 50
cm e número da imaxe na que se atopan.

2
O Courel

1 3






2


4
5 6









7









Imaxe 1 ao 7: Algunhas das especies atopadas no cadro de mostraxe de 50 cm x 50 cm. Na 1: Cruciata

laevipes, Sedumforsterianum; na 2: Fragaria vesca, unha especie non identificada do xéneroCirsium; na

3:Dactylisglomerata, Ranunculusbulbosus; na 4:Festuca rubra, Anthoxanthumodoratum; na 5:

Trifoliumrepens; na 6:Ranunculusbulbosus, Stellariaholostea; na 7:Asphodeluslusitanicus.

Na imaxe 8 móstrase como estaba a vexetación antes de comezar a experiencia e na 9


despois da simulación do pisoteo de 100 persoas.

3
O Courel

8 9

Imaxes 8 e 9: Estado da vexetación antes (8) e despois (9) de pasar 100 persoas.




4
O Courel

Examinando o perfil da vexetación máximo observamos que o cambio drástico ocorre


ao pasar 100 persoas (ver imaxes 10, 11, 12 e 13 e táboa 2) xa que a altura da vexetación pasa de
ser de 43 cm (antes da experimentación) a 5 cm ao final.

Imaxe 10: perfil da vexetación antes de comezar o Imaxe11: perfil da vexetación despois de simular o
experimento cunha altura de 43 cm. paso de 20 persoas cunha altura de 40 cm.

Imaxe 12: perfil da vexetación despois de simular o Imaxe13: perfil da vexetación despois de simular o
paso de 30 persoas cunha altura de 39 cm. paso de 100 persoas cunha altura de 5 cm.


Persoas que pasaron Altura máxima (cm) Altura media (cm)
0 43 14,85
10 40 7,09
20 40 3,43
30 39 3,00
100 5

Táboa 2: altura (en cm) máxima da vexetación antes e despois da simulación do paso de 10, 20, 30 e
100 persoas (2ª columna) e altura media da mesma (3ª columna).


Recordamos que estimamos a cobertura vexetal colocando unha estaca en 3 puntos do
cadro de mostraxe ao chou, contando o número de interseccións entre as plantas e a estaca e
medindo a altura á que estas se producen. A representación gráfica antes do experimento, tras
simular o paso de 10 persoas, 20 e 30 mostránse na imaxe 14. Aquí obsérvase como vai
diminuindo a altura da vexetación do cadro de mostraxe, a pesar que a altura máxima, é dicir a
altura que alcanza a planta máis alta non se ve afectada prácticamente (39 cm).

5
O Courel

Como tamén detectamos na táboa 2, aínda que a altura da planta máis alta non se
modifica de forma importante ata o paso de 100 persoas, a altura media das plantas do cadro
de mostraxe diminue de forma importante xa no paso de 20 persoas (sobre un 50 %).

Imaxe 14. Representacións gráficas da cobertura vexetal antes do paso de persoas (arriba esquerda), 10 persoas
(abaixo esquerda), 20 persoas (arriba dereita), 30 persoas (abaixodereita). No eixe de abscisas representamos o
número de interseccións da vexetación e no eixe de ordenadas a altura, en cm, a que se produce a intersección



Tamén analizamos o tempo que tardaron en absorberse 10 mL de auga antes e despois
de simular o paso de 100 persoas (ver táboa 3). A media aumentou case o dobre,
probablemente debido a que a compactación do solo ralentiza esa absorción da auga. Este
maior tempo da auga en superficie ocasionaría unha maior erosión ao non inflitrarse a auga no
solo e estar en superficie.

Persoas que pasaron Tempo de absorción (s)
0 106
100 206

Táboa 3: tempo (en segundos) que tardan en absorberse 10 mL de
auga na terra antes e despois de que pasaran 100 persoas.

Por último, xeorreferenciamos o lixo que atopamos en dous roteiros: un moi transitado
(devesa da Rogueira) e outro menos (camiño dende o alto do Couto a Moreda). Atopamos (ver

6
O Courel

imaxe 15) unha media de 3,6 restos de lixo/km no 1º caso (marcas en amarelo) e de 2 restos de
lixo/km no 2º (marcas en vermello). Semella que hai menos restos de lixo onde hai menos
sendeirismo.


Imaxe 15: Ortofoto do Google Earth onde se observan marcas en amarelo onde foron atopados restos de lixo
na ruta que cruza a devesa da Rogueira e marcas en vermello onde foron atopados restos de lixo na ruta que
vai a Moreda.


CONCLUSIÓNS
- Atopamos nun cadro de mostraxe de 50 cm x 50 cm na devesa da Rogueira, 12 especies
diferentes de plantas ruderais.
- A cobertura vexetal foi diminuindo por o paso das persoas, perdendose case o 50 % da
mesma co paso de 20 persoas.
- O tempo de absorción da auga no solo dobrouse despois do paso de 100 persoas.
- Hai máis lixo (3,3 restos/km) na ruta da devesa da Rogueira, que está máis transitada,
que na ruta de Moreda (2 restos/km).
- Está claro que calquera actividade humana produce un impacto pero este é claramente
menor se usamos os sendeiros.

BIBLIOGRAFÍA
García Martínez, Xosé Ramón. Guía das plantas de Galicia. EdiciónsXerais de Galicia. Vigo, 2008
Tudela Serrano, Mª Luz; Giménez Alarte, Ana Isabel. Valoración de impactos y propuestas de
actuación del senderismo como actividad turística en el noroeste de la región de Murcia. Papeles
de Geografía, 49-50, 147-158. 2009

7
O Courel

Casals Corella, Cosme. Evaluación de Impacto Ambiental en senderos terrestres: Sendero Rocazul.
Holguín. Cuba. Universidad de Murcia. 2013

AGRADECEMENTOS

A Dra. Elvira Sahuquillo, profesora de Botánica na Universidade da Coruña pola colaboración na
identificación das especies vexetais.
A Álvaro Cal Rodríguez pola colaboración na análise estatística.
A Carlos Cortizo Amaro pola revisión dos textos.
A Julio Taboada Rodríguez e Lourdes González Sotelo pola dirección e seguimento do traballo.

Potrebbero piacerti anche