Sei sulla pagina 1di 1

Adolfo Muíños Sánchez, en nome e representación do grupo municipal Bloque Nacionalista Galego

de Rianxo presenta a seguinte MOCIÓN relativa á reprobar a actuación de Correos no


Concello

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Desde o pasado mes de decembro, aínda que levamos anos padecendo a súa actuación nefasta neste
municipio, a empresa Correos iniciou unha campaña de retención masiva da correspondencia
ordinaria. Vivendas de amplas zonas da localidade deixaron durante dous meses de recibir cartas e
comunicacións, afectando a moitas familias rianxeiras e estabelecementos comerciais.
Especialmente esta situación deixouse sentir no Pazo ou en Brión, mais todo o Concello o sufre.
Queixas verbais e in situ nas oficinas dos veciños, protestas da Asociación Rianxeira de
Empresarios que chegou reclamar destitucións, recollida de sinaturas, cartas á prensa, reclamacións
por internet á empresa, foron moi diversas as canles empregadas polos veciños para denunciar o
castigo non merecido ao que nos someteu Correos cunha campaña de acoso sobre a correspondencia
persoal que cremos intolerábel. Os veciños foron obrigados a un troco de numeración que eles non
pediron e por riba reciben como pago polas molestias en vez de desculpas, a cancelación do reparto
durante dous meses e os malos modos da xefatura local diante das reclamacións.
Non valen as escusas de mala numeración, vivendas correctamente numeradas foron privadas da
correspondencia e non se cumpre o previsto nas leis. A Lei Postal prevé un reparto diario, sen
discriminacións, sen veciños de primeira nin de segunda. Un veciño de Rianxo ten que recibir a
diario as súas cartas. Este ten que ser o obxectivo da empresa que se encargue do reparto e Correos
ten que poñer os medios para que así se cumpra.
Por todo o exposto propomos a este concello a adopción dos seguintes

ACORDOS

1. Demandar da Xefatura Provincial de Correos o remate do mal funcionamento da empresa no


noso Concello. tomando as medidas oportunas para garantir o reparto diario en todas as
vivendas e en todas as parroquias.
2. Amosar á Xefatura Provincial de Correos a reprobación da campaña de castigo e da
retención xeralizada e desvío da correspondencia posta en marcha en Rianxo e reclamar o
cesamento da campaña coercitiva.

Adolfo Muíños Sánchez.

- Sr. Alcalde do Concello de Rianxo

Potrebbero piacerti anche